Como escribín unha novela en só 30 días (e ti tamén podes facelo)

Winner-2014-Twitter-ProfileHai pouco máis dun mes avisabamos da existencia de NaNoWriMo, e animabámoste a  apuntarte á iniciativa, pero se non fixeches caso, agora vou contar por que deberías. NaNoWriMo significa National Novel Writing Month ( Mes nacional para escribir unha novela) e ten como obxectivo que todo o que queira, se propoña escribir en só 30 días un libro (ou polo menos 50000 palabras). Funciona a modo de reto para que aqueles lacazáns que sempre falan de escribir, pero nunca o fan, se poñan con iso.

Eu escribín a miña novela, por suposto, coa única finalidade de contarche que se sente ao facelo. Pero non fun a única: aínda que polo momento non hai datos sobre canta xente finalizou o reto este ano, o pasado foron máis de 300000 persoas.

E os meus sentimentos sobre isto son algo ambiguos. No meu caso, síntome como cando un sube unha montaña moi alta, e está moi canso, e cree que ao chegar arriba gozará dunha gran vista e todo terá valido a pena. E pasiño a pasiño consigue facer cume sen morrer dun ataque cardíaco polo camiño, e está moi orgulloso e feliz, e quere gritar aos catro ventos: “fíxeno”. So que ao xirar para ver as vistas, en vez de suaves ladeiras, mares e campos, ou mesmo pintorescas cidades e bonitas casiñas, ve, que sei eu, un vertido tóxico.

Porque xa cho advirten desde o principio: NaNoWriMo é sobre a cantidade, non sobre a calidade. E se escribes obsesionado polos números, non vai saír nada bo de aí, aínda que moitos afirman que si podes facerte cunha sólida base sobre a que traballar posteriormente (e existen best sellers nacidos grazas ao NaNoWriMo, como ‘Agua para elefantes’ ou ‘El circo de la noche’).

Deste xeito, o principal inconveniente de NaNoWriMo é que te obriga a centrarte na cantidade de palabras escritas, e podes ler consellos para acabar a túa novela como “Fai que a túa personaxe tatexe”. Tecnicamente, podes superar o reto escribindo a mesma palabra 50000 veces, pero chamarlle a iso novela quizais sexa demasiado optimista. O segundo inconveniente é que é desgairador escribir unha ou dúas horas cada día durante 30 días seguidos. Creme, renderás moito menos no teu traballo -no que che da de comer-. Estarás ata mesmo mais feo, porque para a maioría da xente, escribir unha novela nun mes significa restar horas de sono.

Pero pode que as vantaxes sexan moitas mais.

A primeira é que agora sabes que podes facelo. Para quen sempre aspirou a escribir un libro, pero nunca o conseguiu, facelo semella ás veces misión imposible. Un cre que non terá suficientes ideas, que non atopará o tempo, que é imposible crear da nada algo coherente, que para ser escritor hai que ter un don. O NaNoWriMo probarache que non é así: o resultado quizais sexa literariamente decepcionante, pero polo menos a túa obra xa está escrita: xa es novelista! E unha vez que xa tes unha mala novela escrita, intimida moito menos escribir unha boa, porque o mecanismo é parecido. Xa comprobaches que si tes ideas, vontade e bagaxe lingüístico para facelo.

A segunda é que conseguiches disciplinarte. Ao funcionar como un reto, saben picarte e exacerbar a túa vontade, especialmente si tes outros amigos facendo o mesmo (e comparten o seu contador de palabras) o si segues os fotos e os grupos de facebook onde todo o mundo comenta os seus progresos. Si, sempre quixeches escribir unha novela, pero é moito máis fácil se che pos unha data límite que se cres que da o mesmo facelo este mes que o próximo. E se tes dúbidas sobre a túa forza de vontade, será do máis satisfactorio ver ao fin do mes que conseguiches facer todos os días iso que te propuxeras. E de súpeto, en decembro, pasarás a ter dúas horas libres ao día.

A terceira é que introduces algo creativo na túa rutina cotiá. Un sempre se queixa de que anda embrutecido, que o único que fai de luns a venres é traballar e durmir, e de pronto sorpréndese fabricando da nada un mundo novo. O certo é que pórse da moita pereza, pero unha vez que te obrigas, decátaste de que en realidade o estás pasando ben. Estás completamente concentrado no que estás a facer, sen pensar en nada máis e é case relaxante (ata que miras no reloxo á hora que é). En todo caso, é moi probable que para a túa mente tamén sexa positivo todo este exercicio.

A cuarta é que podes presumir. Podes dicirlle a xente que estás a escribir unha novela (e ver a súa cara de admiración). Podes cambiar a túa descrición en twitter para engadir que es novelista. Probablemente ata poidas ligar mais se sabes como sacarlle partido ao asunto. Non terás que contar nin unha soa mentira: es escritor, agora si.

A quinta é que podes pedir apoio moral. Hai un montón de foros con ideas e consellos dos outros participantes sobre como conseguir o obxectivo, non renderse no intento ou liñas argumentais por se quedas sen inspiración. Nalgunhas cidades españolas mesmo organizáronse quedadas para escribir todos xuntos e debater sobre o proceso. E as conclusións non só serven para este mes, tamén para a túa larga traxectoria como escritor.

E a última é que non tes moito que facer en novembro, o peor mes do ano. Se un vai pasar as fins de semana vendo chover pola fiestra e lamentando a fin definitiva do verán, moito mellor plasmar esa anguria no papel. Despois de todo, como dicía no seu libro Chris Baty, un dos creadores de NaNoWriMO, sempre recordarás ese mes no que escribiches unha novela, pero non todas as cousas que terías feito nese tempo un novembro normal e corrente.

*Artigo publicado orixinalmente en Librópatas.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará