Product placement salvaxe? Unha película sobre traballar en Google

Que traballar en Google mola unha chea xa o sabíamos todos. Numerosos artigos sobre oficinas con xogos, larpeiradas gratis e cousas de cores axudaron a que todos descubrísemos que traballar no buscador é o máis próximo ao paraíso que poderiamos estar (ou esa é a idea que entre todos fomos creando…). No último paso para que todos saibamos como é traballar en Google vai chegar unha película, ‘The Internship’, unha desas comedias estadounidenses de verán… que vai xusto sobre ser bolseiro en Google.

A historia trata de dous comerciais de mediana idade que perden o seu traballo por culpa do efecto de internet no seu negocio e que deciden dar un xiro ao seu destino probando a ser bolseiros en Google, o primeiro paso para ser empregados da firma. A película é unha comedia, polo que dificilmente podería ter un impacto negativo na imaxe corporativa da firma e si, pola contra, podería redundar en facer a Google – outra vez – unha empresa amable.

Estamos ante o meirande exercicio de product placement xamais visto na historia da publicidade? A firma non ten nada que ver coa película nin coa idea. Aínda así, G0ogle colaborou en todo momento co filme, deixándolles rodar no Googleplex durante tres días. Incluso, promoveu na súa páxina de inicio en Estados Unidos o hangout que protagonizaron os seus protagonistas, Owen Wilson e Vince Vaugh, como recolle AdAge.

A película demostra iso si como Silicon Valley está entrando na cultura popular. ‘The Social Network’, o filme sobre o nacemento de Facebook, foi un éxito e nos próximos meses espérase unha avalancha de filmes sobre Steve Jobs e Apple.

Foto | Páxina oficial da película

Shares

1 comentario

  • Laura Ramos Cuba di:

    Olá,
    Sou uma rapariga galega que está a realizar uma estadia Erasmus em Portugal neste ano. Estes meses tive uma matéria chamada “Estratégias da Comunicação” onde falamos de temas como o product placement.
    Desde que sou menina (década dos 90), vejo como este tipo de técnicas publicitárias se vão fazendo mais e mais comuns. Suponho que num princípio era um método de resposta à saturação publicitária do momento. Ainda hoje considera-se que é muito efectivo, ao requerer menos custos e aumentar a eficácia da publicidade. Porém, este método também acabou por criar muita saturação quando chegar ao público dum jeito tão intrusivo. (O recente documentário “The Greatest Movie Ever Sold” estuda bem este tema).
    Acho que, na teoria, este filme bem pode considerar-se product placement, já que o produto está bem inserido na narrativa da história, sendo um placement activo com alusão, ao interactuar e aludir a ele os próprios actores, ressaltando as suas qualidades positivas.
    Pelo que pude ler, Google sai muito bem parado nesta manobra, na que não teve que pôr um cêntimo, conseguindo publicidade gratuita.
    Buscando outros exemplos de product placement, podemos encontrar o exemplo no filme de Spielberg tão mítico, E.T. Na gravação do filme utilizaram-se os doces “Reese’s Pieces”, provocando um incremento das vendas do 80%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *