Durante os catro anos nos que traballei para El País tiven moitas oportunidades de fotografiar a Díaz Pardo. Unhas das primeiras, en xuño de 2007, foi unha entrevista no Instituto Galego de Información (IGI). Comecei a entrevista buscando xestos e preocupándome máis da luz e de que a gravadora do redactor non entrase en plano que de outra cousa, pero pouco a pouco fun deixando de lado a cámara para pasar a escoitar atentamente todo o que ese home –do que, recoñezo, apenas sabía nada– contaba. Logo de varias horas de entrevista, e xa fascinado coa súa vida, pedínlle facer uns posados. Quería levar mellores fotos daquel home.
Comezamos un paseo polo IGI, e foime explicando con detalle a historia e curiosidades dos mobles, pezas, libros e incluso o edificio, que el mesmo deseñara. Tomei uns cantos retratos máis e marchei cara a redacción cunha agradable sensación no corpo, cun optimismo na posibilidade de levar a cabo proxectos difíciles e creativos adiante. Dese día gardo unha cantas imaxes e unha gran admiración por aquel home pequeno que con cariño e modestia mostrábame o traballo dunha vida.
Non son home de escribir, máis inda cando nestes días posteriores á morte de Isaac, moitos e moi bos textos inundan a rede, pero non quería deixar pasar a oportunidade de render unha homenaxe a unha persoa á que lle tiña gran cariño e admiración. Porque foi un creador completo, un exemplo de emprendedor e un fantástico deseñador. Porque experimentou coas formas e co contido da cultura galega e soubo compaxinalas cunha actividade empresarial beneficiosa para todos. Porque creo que o seu legado non debería quedar só no recoñecemento e na difusión da súa obra, senón na aplicación da súa filosofía de investigación e experimentación. Porque creo que os corredores do IGI deberían encherse de mozas e mozos galegos e estranxeiros que estudasen e mellorasen todo o que el creou.
Por todo isto, aquí vai a miña modesta homenaxe en forma de imaxes.
Precioso tu homenaje….pero envidia Andrés por poder conocer a un personaje, más bien persona ante todo, que ha formado parte de nuestra cultura gallega ya desde “As irmandades da fala”. Me imagino… dejando la camara a un lado y maravillado… Isaac Díaz Pardo….un hombre que hasta el final avanzó con los tiempos . Es increible escucharle como cuenta su vida en imagenes, su infancia… él sabía que los tiempos eran otros y se daba cuenta que había que progresar. Algo que pienso…él si hubiese conocido vuestro proyecto Disquecool, se sentiría orgulloso de jovenes emprendedores como vosotros que lleveis “Cultura Galega” mediante nuevas tecnologías. Andrés tus fotos … sí que le hubiesen fascinado… y tus palabras.