10 calendarios para 2012

O 2012 xa esta aquí, e unhas das mellores cousas de empezar novo ano é facerse cun calendario. Quizais o uses para organizar o teu traballo e tempo de lecer, para lembrar cousas ou tan só para adornar. Sexa cal sexa o motivo existen numerosas opcións. De entre todas elas presentámosche unha selección de 10 calendarios realmente cool: reutilizables, Do it Yourself, de tendencia ou multiusos. Todos teñen algo especial para comezar o ano do mellor xeito.

1. Calendarios DIY. En Etsy atoparás unha interesante oferta de calendarios Do it Yourself. Na maioría dos casos mercas un PDF que podes imprimir ti mesmo. Hai planificadores mensuais, calendarios de mesa, con forma de cubo ou incluso paper toys, como este de Scout Creative .

2. Cada mes, unha creación. Este de Paper Source si que é 100% DIY. Proporciona cuños, debuxos e outros materiais para que poidas decorar cada mes ao teu gusto.

3. Magnético! Este de Serhiy Chebotaryov é ideal para os frigoríficos. É perpetuo e fácil de customizar. Ademais ten imáns especiais con mensaxes como ‘Deadline’, ‘Arrival’, ‘Departure’, ‘Drink Day’ (5 unidades), e ‘Don’t Drink Day’ (unha única unidade, para que máis).

4. The Indigo Bunting Shop. O deseñador gráfico e ilustrador Ering Jang ten uns calendarios fermosísimos. Quedámonos con este Icon Calendar (nestes momentos por desgracia esgotado).

5. O bigote do mes. Os mostachos son tendencia, tamén nos calendarios.

6. A modo de encerado. Hai varias versións de calendarios nos que podemos escribir, borrar, e volver a escribir o mes seguinte. Este de Simple Shapes, dispoñible en Etsy, gústanos moito.

 

7. Explota os teus días. Se adoras explotar burbullas de plástico este é o teu calendario. Cada día, unha burbulla que agarda ser premida. Os seus creadores destacan que está deseñada e fabricada en Brooklyn nada máis e nada menos que con tipografía Helvetica Neue.

8. Para regalar. Wrapping Paper Calendar, de Victory Paper Designs, é un calendario moi bonito. Ata aí, todo normal. A súa orixinalidade reside en que unha vez rematado o mes ou o ano podes reutilizar os seus estampados para envolver agasallos ou realizar outras creacións con papel.

9. Con aires de Pan Am. Stacie Humpherys quere recuperar con este calendario aqueles tempos nos que “viaxar era fermoso e prestixioso”, e as etiquetas das maletas “pequenas obras de arte”.

10. Pequenos aventureiros. Dan fotografía un Lego cada día, así que, por que non facer un calendario con eles?

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *