De como o bigote conseguiu ser cool (de novo)

Hai xa algúns anos que comezamos a ver un rexurdir dos bigotes nas caras dos homes. Certo é, a maioría non comprendiamos (e aínda non comprendemos) que lles levaba a tomar tal decisión, pero o caso é que tras anos de identificar o bigote con vellos banqueiros, artistas pirados ou malvados alemáns, algúns mozos (máis ou menos) atractivos comezaron a vanagloriarse de levar iso sobre a súa cara. E funcionou.

Quizais inspiráronse nalgúns actores clásicos ou quizais en Brad Pitt… pero foron bastantes os homes que decidiron loitar contra a imaxe metrosexual de home ben rasurado. Algúns fixérono ben e deixáronse barba. Outros decidiron ir un paso máis alá e reivindicar como cool a imaxe por excelencia dun pasado cheo de naftalina. A súa maneira, era ata transgresor.

O bigote mola tanto (si? non? aceptamos suxerencias) que ten adicado o seu propio mes, novembro. Movenber (contracción de moustache e novembro) é o movemento que anima aos homes a deixarse bigote entre o 1 e o 31 de novembro,  e así concienciar sobre temas relacionados coa saúde do home coma o cáncer de próstata ou a depresión masculina.

Pero do que eu quería falar hoxe non é do bigote real, porque, sendo sincera, resulta demasiado rompedor para min. Eu só quería falar dunha das tendencias por excelencia da tempada: o moustache.

Esa é a imaxe que atoparemos en camisetas, xoias, calendarios, coxíns, vinilos e ata chupetes. E é que o moustache converteuse en símbolo dun humor infantil, inxenuo, e cun punto chic. Quen non xogou algunha vez a pintar bigotes sobre algúns homes e mulleres de anuncio? Quen non interveu algunha fotografía colocando un bigote digno de Dalí cun rotulador negro?

Hai un par de anos puidemos ver nas pasarelas modelos co moustache pintado e desfilando elegantemente. Agora o moustache chega a todo tipo de accesorios, permitíndonos mesmo ás mulleres menos atrevidas pór un bigote nas nosas vidas.

Cartera bigote

Fotos | A spoonful of sugar, Zeroing, Bodie et Fou, Favim , Etsy

 

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *