Somewhere, mimetismo

Somewhere, Sofia CoppolaÉ algo moi normal que os directores de cinema utilicen os elementos formais da narración para potenciar os elementos líricos da historia que queren contar. Son cousas como que o malo ten que ter cara de malo, ou que nunha escena triste case sempre chove. Sofia Coppola en Somewhere’ vai un paso máis alá, e exterioriza na propia narración o estado de ánimo da personaxe principal, coma se este protagonista contaxiase á película desa tristeza ou desa ledicia que ten: cando ves ao protagonista atormentado, aburrido, sentíndose ridículo, a narración é lenta, longa; cando está ledo a narración e áxil, agradable, doada.

Houbo un momento na preprodución no que Sofia Coppola dixo “cando Jonhy Marco está aburrido a película ten que ser aburrida”. É unha decisión moi cerebral, moi premeditada, e por outra banda moi arriscada. Se cadra é coma unha especie de suicidio romántico no que a idea lévase ata as derradeiras consecuencias. A película está pechada sobre si mesma, e efectivamente ten partes aburridas. Pero son deliberadamente aburridas. Ao final é algo así como que Sofía Coppola agasállanos con ese aburrimento, temos que desfrutar del; pero pódese desfrutar do aburrimento?

Somewhere, Sofia Coppola

Cando remata a película sentes que algo non funcionou de todo. Pero entón analízala e ves que todo concorda, que é redonda no seu plantexamento, que é lenta cando ten que ser lenta e que brilla cando ten que brillar, e que dalgún xeito si que funciona a posteriori. Non podes dicir nada negativo dela salvo cousas subxectivas como que é moi frívolo narrar a difícil vida atormentada dun actor de éxito de Hollywood. Ah! E o gusto estético de Sofia Coppola? Con banda sonora dos Strokes e Phoenix, e esa aura indie que tanto nos gusta

Somewhere, Sofia Coppola

Fotos | Somewhere

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *