Disquecool invita: os live cinemas do Curtocircuíto

becomenothing

A xente do Curtocircuíto, que está a ter lugar esta semana en Compostela, sabe que entre os lectores de Disquecool ten moitos fans reais e potenciais, polo que non quixeron deixar pasar a oportunidade de organizar un concurso só para vós. Será un sorteo exprés, avisamos, así que participade en canto rematedes de ler isto para non o esquecer e quedar fóra!

Que se sortea?

Dúas entradas dobles para os live cinemas do Curtocircuíto: unha para o “Phantom Kino Ballet” do xoves 6 e outra para “How to become nothing” do venres 7. Na web do festival tedes toda a información.

Como participar?

Desta vez, e sen que sirva de precedente, non vos faremos pensar: enviade un mail co voso nome e apelidos e a razón pola que queredes as entradas a info@disquecool.com, poñendo como asunto “Concurso Curtocircuíto” e entraredes no sorteo!

Ata cando podo participar?

Importante! O prazo remata mañá mércores 5 de outubro ás 23:59.

Como saberei se gañei?

O xoves pola mañá faremos o sorteo e enviaremos un mail aos gañadores.

Sorte!

 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará