5 temas dos anuncios (galegos) dos Felices 20

Un anuncio que o di todo, do lugués El Regional, no 1930

Un anuncio que o di todo, do lugués El Regional, no 1930

Os Felices 20 foron unha época revolucionaria. Non falamos de revolucións de impacto (desas con armas e batallas que fan grandes cambios moi rápido, como a Revolución Francesa coas súas guillotinas) senón dunha revolución que pouco a pouco cambiou moitas cousas. Europa acababa de saír da I Guerra Mundial (España non participou pero para o que toca vale o mesmo)  e os efectos da guerra foron moi importantes no campo social. A aristocracia do pasado saíu ferida de morte (estades vendo Downton Abbey?) pero sobre todo as mulleres comezaran a traballar e as clases baixas estaban máis decididas que nunca a conquistar a clase media.

Os vestidos eran máis curtos que nunca, o cabelo cortábase ao garçon (ou ‘ao manolo’, como escribían nalgúns xornais galegos da época) e bailábase ao son de jazz-bands en tés dansant. En Galicia comezaron a aparecer xornais modernos, como o Galicia ou Pueblo Gallego, que pasaban de ser xornais de partido e querían ser simplemente medios de comunicación. A Coruña e Vigo eran cidades animadas lanzadas a facer edificios modernos (vale que os vigueses do futuro ían acabar con eles…) e os seus habitantes recibían impactos publicitarios para convencelos de que mercasen pastillas para a tose, elixires que resucitaban a un morto ou cámaras de fotos para inmortalizar… as vacacións!

Estes son algúns anuncios dos xornais daquela época.

1. Kodak. A historia de Kodak está agora nun momento triste. A compañía que inventou a cámara dixital esta morrendo por culpa dun invento que nunca conseguiu amortizar. Pero houbo un momento no que Kodak era o máis in, o máis chic e o que todos os modernos querían ter. Incluído claro está o moderno tipo dos anos 20. E mentres bailaban charlestón e eran decadentes (todo o decadentes que se pode ser en provincias…) podían coller a súa cámara e inmortalizar a xogada. Ou gardar os recordos das vacacións porque, como dicía un anuncio, un veraneo sen fotos non era veraneo.

Kodak no Galicia, o xornal máis moderno da época, en agosto do 22

Kodak no Galicia, o xornal máis moderno da época, en agosto do 22

Este é do Diario de Pontevedra, do 1928

Este é do Diario de Pontevedra, do 1928

2. Faixa, señora! Unha das cousas que conseguiron os anos 20 no campo da moda feminina (e por iso son tan importantes) foi eliminar o corsé. Os vestidos xa non facían preciso ir metida a presión nunha cámara de tortura (as mulleres encorsetadas da Belle Époque sufrían incontables problemas médicos por culpa dos corsés!) para que o traxe axustara. Sen embargo, faixas e corsés non desapareceron por arte de maxia. E se pensamos que o chic nos Felices 20 era estar delgada como un raparigo…

Este é do 1927 e saiu en El Compostelano

Este é do 1927 e saíu en El Compostelano

El Compostelano, 1929

El Compostelano, 1929

 

 3. Elixires e xarope que che van quitar todo. Amigos, a debilidade non é algo que se poda aceptar. Hai que ser fortes e estar sans. Por iso non hai nada mellor que estes elixires quitapenas e quitaenfermidades.

El Diario de Pontevedra, 1926. O espello vs o médico

El Diario de Pontevedra, 1926. O espello vs o médico

 

Esta rapacilla lánguida aparecía no Ideal Gallego no verán de 1925

Esta rapaciña lánguida aparecía no Ideal Gallego no verán de 1925

debilidad

Non sei que son os hipofosfitos, pero neste anuncio de 1926 (Las Riberas del Eo) salvan ata dos accidentes

Non sei que son os hipofosfitos, pero neste anuncio de 1926 (Las Riberas del Eo) salvan ata dos accidentes

elixircallol

El Regional, 1926. E ollo que sabe exquisito!

4. Medias de seda. As medias de seda custaban un sentido. Canto estaban rebaixadas moitísimo e por iso os seus vendedores poñían anuncios nos xornais ían polas 2, 50 ás 3 pesetas, pero se non podían andar polas 7/8 pesetas. Un mestre ou unha mecanógrafa facían unhas 5 pesetas ao día. Poñede en contexto! As medias de seda aparecen de xeito recorrente nos anuncios dos xornais, este de 1926 do Galicia chama a atención polo desvergonzado que parece. Que se lle ven as pernas!

AnuncioOsadodeMedias19AGO1922

5. La Lechera. Non é o único, pero este é un dos que mellor se poden ver. Se pensabades que o leite condensado era cousa de hai un par de décadas, estabades equivocados. É do 1926 este anuncio.

lalechera_leite

E o bonus track moi WTF: este salón de baile con jazz band e té dansant (o máis cool da época) ten un nome nada cool… Atopámolo en 1925 no Pueblo Gallego. 

kukluxclan_salondebaile

Todos os anuncios foron procurados en Galiciana

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *