Vídeos para a fin de semana: anuncios sobre comida rápida

É un venres chuvioso, un día deses que dá preguiza só miralos. Un día deses nos que, ao chegar do traballo, o único que apetece é comer algo con moitas, pero moitas calorías. Mais síntoo, a comida lixo non é cool. De ningún xeito.

O que si o é son algunhas das súas campañas publicitarias. Pobres, eles saben que, aínda que todos acabemos alí de cando en vez, as cadeas de comida rápida caen mal. Especialmente as máis grandes. Por iso teñen que agudizar o enxeño para facerse máis amables ou máis divertidos (cando non deciden autolimitarse e quedarse no cutre, tamén bastante habitual). Moitos destes anuncios gañaron premios de publicidade, e todos son sobre marcas de comida rápida (aínda que non necesariamente sobre a comida que venden). Podes conformarte pois, con quedar en casa e ver estes anuncios. E xa ti decides se pides unha pizza das boas ou das malas.

1. ‘The Scarecrow’ – Chiplote

2. Viva Young – Taco Bell

3. The takeover – Chick Fil-A

4 50’s – McDonalds

5 More of a man – McDonalds

5. Now delivering the movies – Dominus Pizza

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *