A beleza das piscinas deshabitadas

Agora que remata o verán tocan os últimos días de praia. Dentro de pouco, aqueles que queiramos nadar teremos que facelo nas piscinas públicas, eses espazos amplos e azuis nos que non adoitamos pensar demasiado.

Un vai cunha idea fixa: facer uns largos. Os gritos dos nenos da clase de natación, a xente subindo e baixando, as lentes de mergullo que distorsionan o mundo… ata que un non queda só (ou case) na piscina algunha noite, un non é quen de apreciar a súa beleza. Eses teitos abovedados, esas liñas arquitectónicas perfectas, ese protagonismo industrial de materiais como o formigón ou o cristal, esa transparencia fantasmagórica da auga… para algúns, as piscinas públicas son, case, case, as novas catedrais.

E un deses é o fotógrafo Franck Bohbot, quen adicou unha serie ao tema que nos ocupa: as piscinas da cidade de París. Achegouse a elas cunha mirada cinematográfica e clínica ao mesmo tempo, onde a cor, a simetría, os materiais xogan un papel fundamental. Para iso, fotografou piscinas teoricamente baleiras pero nas que, se prestamos atención, podemos detectar a presenza humana. Segundo aclarou Bohbot, o que a el lle interesa é a relación entre “auga, arquitectura e individuo”.

Podes atopar todas as fotografías da serie na súa páxina web. Aquí traemos algunhas delas.

Vía | DesignBoom

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *