Ai, Nokia, Nokia, se un día se cumpre iso que moitos auguran, a túa morte, no teu funeral ninguén poderá dicir que non o intentaches. Moitos dirán que abandonar a Symbian e MeeGo por Windows Phone foi o teu erro fatal, que quizais todo tería ido mellor con Android, pero ninguén negará a túa valentía. Noraboa, Nokia, por darlle unha oportunidade a un sistema operativo móbil novo no mundo bipartidista de Google e Apple. E grazas, tamén.
Pero pasemos ao que nos trae aquí, a esa análise do Lumia 710, o smartphone co que Nokia intenta cativar a eses usuarios que queren un teléfono intelixente pero non queren deixar un ril polo camiño. Non é o Lumia 800, pero tampouco é un Asha. Vale a pena?
Por fóra o Lumia 710 é totalmente Nokia. Si, pensa nos Nokia de toda a vida, aqueles patacóns de vida eterna (seguro que aínda tes algún por casa que funciona) aos que lles podías facer mil e unha maldades sen problemas aparentes para a súa saúde (a miña irmá estivo un par de anos utilizando un sen teclado, pulsando os números co interior dun boli BIC).
Por suposto, a un teléfono prestado non o sometín a malos tratos, pero a aparencia é resistente. Hai móbiles que parece que van romper con só miralos. Hai outros cos que sabes que necesitarás moita aleivosía. Carcasa de plástico (moi fácil de sacar, outro punto ao seu favor), pantalla coa protección Gorilla Glass para que non estalle como as dos iPhones, esquecendo a moda da ultra-finura cunhas dimensións de 119 x 62,4 x 12,5 mm, o Lumia 710 é un teléfono que non dá medo tocar.
Cando empezas a tocalo e xogar con el decátaste das cousas que ten ao seu favor: unha pantalla de 3,7 polgadas e resolución de 480 x 800 que, pese a non ser AMOLED, funciona bastante ben baixo os raios do sol. O uso do teléfono é sinxelo e rápido: o procesador dun núcleo Qualcomm Snapdragon MSM8255 de 1,4GHz fai ben as súas funcións e o usuario nunca ten a sensación de que o teléfono non fai caso (ou que fai caso tarde).
Despois, claro, están os contras. Para ser un Nokia, a cámara de 5 megapíxeles é bastante normaliña, ao non incluír a óptica Carl Zeiss que traen moitos teléfonos da casa finesa. Bótase en falta tamén rañura para microSD, o que limita a capacidade de almacenamento aos 8GB que veñen de serie.
E Windows Phone. O Lumia 710 vén con Mango preinstalado e a sensación xeral sería boa se non viñésemos mal acostumados desde Android. O sistema da pantalla de inicio e sinxelo e intuitivo, de forma que non é moi difícil aprender a usalo. Non obstante, como non, hai peros: bótanse en falta máis posibilidades de personalización, o Marketplace e a integración con Xbox Live están ben, pero faltan apps e, sobre todo, bótanse en falta as notificacións de Android que Apple xa copiou para o iPhone.
Outra das pequenas sorpresas de Windows Phone é que uniformiza o deseño de todas as apps: ti sabías utilizar a app de Facebook ou a de Twitter ou Foursquare porque era sempre igual en calquera plataforma. Ata agora. O esforzo en canto a deseño é lícito e se agradece. Pero perdemos usabilidade.
En definitiva, o Lumia 710 é un teléfono recomendable para usuarios que aínda non tiveron nunca un smartphone, ou para os que son de Nokia de toda a vida. Iso si, para os fanboys e fangirls de Nokia (existen, falade co noso fotógrafo), posiblemente tampouco sexa a opción máis axeitada: a firma finesa sabe facelo mellor e xa o fixo cos seus smartphones de gama alta. Se non es moi esixente, o Lumia 710 cumprirá as túas expectativas.
* Análise feita grazas ao terminal cedido por Nokia a Disquecool
Fotos | Andrés Fraga
Mmm… ¿Pero no es justamente Apple la empresa “abanderada” del gorilla glass? Todos los cristales rompen si reciben el golpe justo. Hay que documentarse mejor…
O iPhone non leva Gorilla Glass, e así o indica a propia compañía fabricante do famosos vidro: http://www.corninggorillaglass.com/products-with-gorilla/full-products-list
Outra cousa e que Corning fabrique o vidrio dos iPhone.
Por outra parte, queda bastante demostrado que as pantallas dos Lumia son bastante resistentes, se non botalle uno ollo a isto: http://youtu.be/Jf1fRu9YgfE?t=1m
“Hay que documentarse mejor…”
Me temo que no. En el primer párrafo de la web que citas dice: “Due to customer agreements, we cannot identify all devices that feature Gorilla Glass.”
“Hay que documentarse mejor…” ;). O al menos leer con más atención.
La realidad es que nadie sabe si Apple usa o no cristales Gorilla, ya que ni Corning ni Apple han hecho declaraciones al respecto. No quiere decir que los iPhone NO usen cristales Gorilla, sencillamente que no se sabe. Eso sí, hay filtraciones/rumores que indican que el iPhone usa cristales fabricados con las máximas especificaciones que ofrece Corning, sólo que no publicitan la marca de los mismos. Algo muy Apple. Se sabe también que dichos cristales llevan un tratamiento oleofóbico especial que lo diferencia de los cristales de otros móviles. También se dice que el iPhone original fue el primer teléfono en usar un cristal con especificaciones Gorilla. Pero no se sabe nada a ciencia cierta.
Por otro lado es normal que los iPhone 4/4s tengan más roturas que otros teléfonos, ya que están cubiertos de cristal por ambos lados y las esquinas del mismo están expuestas a los golpes. Es algo que Apple ha corregido en el iPhone 5 y no por casualidad.
En cuanto a vídeos, en una búsqueda rápida: http://youtu.be/pnwwz0nyOno
Pero bueno, youtube está lleno de vídeos intentando rallar iphones y todo tipo de teléfonos. También se puede ver como se destruyen ;). El Gorilla Glass no es a prueba de roturas ni ralladuras. Sencillamente es más resistente a las mismas.
http://pogue.blogs.nytimes.com/2010/12/09/gorilla-glass-the-smartphones-unsung-hero/?pagewanted=all
http://www.apple.com/about/job-creation/
“A study by Analysis Group found that Apple has directly or indirectly created 304,000 U.S. jobs.* […] For example, this figure also includes workers in Texas who manufacture processors for iOS products, Corning employees in Kentucky and New York who create the majority of the glass for iPhone, and FedEx and UPS employees.”
Eduardo, niso tes toda a razon, non te vou dicir que non. Pero o que me refería co meu comentario, e que non se pode negar que o iPhone 4 e 4s fosen teléfonos delicados. Poucos son os que se ven sen fundas e quen maís e quen menos viu un coa pantalla rachada. O feito de que eliminasen case todo o vidro da parte de atras demostra que non foi tan bóa idea (ademaís era máis pesado que o aluminio).
Neste senso o comentario de Ana “pantalla coa protección Gorilla Glass para que non estalle como as dos iPhones” non creo que sexa desafortunado.
De tódalas maneiras graciñas polo teu comentario, ben documentado e constructivo. Espero verte comentado máis por eiquí ;)