Gifs para a fin de semana: animais parviños

Houbo un tempo no que as animacións gif eran cool. Campaban ás súas anchas por GeoCities en forma de bebés bailaríns, anuncios que xiraban sen parar e bolas do mundo que rotaban e rotaban. De ter existido Disquecool por aquel entón, os gifs tamén reinarían. Pero despois as web volvéronse máis limpas: sobraban os fondos con fotografías, as imaxes animadas, os contadores e a Comic Sans (aínda que a tipografía pervive nos nosos días, por exemplo, nas presentacións científicas). O formato entrou nunha época escura da que só sairía tempo despois, grazas a Tumblr e a uns cantos adolescentes. Foi o comezo dunha revolución: personaxes bailando, os sempre recorrentes gatos, famosos facendo o ridículo, diálogos de películas e series… En Disquecool tamén queremos valernos desta renovada forma de expresión, porque á fin e ao cabo, os gifs resultan moi divertidos. Así que diversificamos a nosa entrega semanal ‘Vídeos para a fin de semana’ cunha entrega de gifs dos que gozar nos días libres.

Inauguramos cun tema 100% gif. Se hai unhas semanas realizabamos unha homenaxe aos animais riquiños, hoxe queremos rirnos un pouco deles. Non de todos, só dos máis parvos (e de paso dalgún dos seus donos). Comezamos!

Animais parviños…

1. O gato que facía paracaidismo libre

2. A pomba deportista

3. O can que atopou o xeito de roubar a cea

4. O fan Michael Jackson

5. Outro Thriller Cat

6. Pasa algo?

7. O can con amigos estúpidos

8. En Animals Being Dicks aconsellan visualizalo con esta música de fondo.

9. O novato en persecucións

… e donos estúpidos

10. Esta para Facebook!

11. Unha xenial idea

12. O cazador cazado

Fotos | Todas as imaxes foron sacadas de Animals Being Dicks. Altamente recomendable para perder o tempo!

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *