Hoxe non vos imos mostrar animais facendo o parvo, nin gatos riquiños, nin personaxes dos 90 bailando. Prestade atención: os gifs tamén poden ser elegantes, artísticos e de calidade. As imaxes animadas tamén funcionan –e perfectamente– no mundo da moda. Jamie Beck e Kevin Burg son os culpables desta nova vida dos gifs a través do movemento Cinemagraph, “algo máis que unha fotografía, pero menos que unha película”.
Unha saia movida polo vento, uns ollos que se pechan ou un pé que efectúa xiros nun escenario inmóbil. Os cinemagraphs consisten precisamente niso: fotografías nas que só algúns elementos están en movemento.
Deixámosvos uns cantos exemplos para que os gocedes con calma esta fin de semana. E se estades especialmente creativos, sempre podedes botar un ollo a algún dos titoriais que se poden atopar na rede para facer este tipo de gifs.
Fotos | Cinemagraphs