Fancy, o Pinterest ‘cuqui-aséptico’

Pode ter Pinterest, que acaba como quen di de chegar á rede ter xa unha competencia clara e directa? Pode ter a última gran cousa molona de internet quen lle tusa? O momento xa chegou. Existe, chámase Fancy e ten un aspecto moito máis aséptico, moito máis limpo e moito menos abrumador. Pinterest é un inmenso álbum de recortes, no que podes perderte con tanto volume de elementos. Se intentas buscar unha orde lóxica ao ves, custarache encontrala. En cambio, Fancy ten un aspecto moito máis simple, máis próximo aos parámetros de deseño de Tumblr (xa sabedes, un minimalismo elegante, cun par de columnas e un acabado sedutor).

Fancy non está (aínda) invadido por fotos de noivas e elementos para vodas dignos dunha peli Disney, nin por cupcakes, nin por fotos de nenos/cans/varios que os seus pineadores consideran riquiños. Hai cadeiras de deseño, bolsos de alta costura, fotos de comida dignas de revistas de gastronomía gourmet e deseño de interiores. Todo está presentado nunha única columna central, con moito aire nos laterais para que as imaxes non perdan impacto.

Unha vez que visitas algunha das imaxes verás moitas máis opcións que as que ofrece Pinterest (repinear, like). Fancy permite directamente ir mercar ese produto que tanto che gustou ou, se es un vendedor, propoñerte como lugar para vendelo.

A rede social, un “catálogo de case todo”, como a definiu nunha entrevista o seu fundador, Joseph Einhorn, ten detrás, como inversores, a Jack Dorsey (o de Twitter, pero tamén de Square, unha ferramenta para pagos que está tendo bastantes bos resultados en EUA), a Chris Hughes (o rapaz que cofundou Facebook e que despois fixo a campaña social media de Obama) e… a François-Henri Pinault, o marido de Salma Hayek, pero sobre todo o máximo responsable do PPR, o inmenso conglomerado de empresas que ten en nómina a case todas as marcas de gran luxo. Ter esas boas relacións co PPR permitiu que unha das primeiras marcas en incorporar Fancy ao seu site fose, nada máis e nada menos, que a tenda online de Yves Saint-Laurent.

Con estes argumentos, non será moi complicado que Fancy convenza ás marcas para lanzarse a poñer produtos e a facer escaparates nela. Pero… como nos van seducir aos consumidores? Para empezar, navegar por marcas é moi sinxelo. Fancy ten un listado de marcas que che permite acceder vía alfabética á marca que desexas (un pouco Asos). Pero ademais ten unha sección de Deals, que ven a ser un apartado de descontos (si, sabemos que dende que Groupon inventou tal cousa está moi de moda ofrecer rebaixas) no que se visitas os sites específicos das marcas participantes podes facerte con descontos ou promocións especiais asociadas.

Pero, ademais, Fancy explota a recompensa moral: quen non suspira por alcaldías en Foursquare (tanto que a xeolocalización non deixa de ser un xogo máis que un elemento útil) e vai mil veces ao mesmo bar por culpa de esa promesa de ‘quedan cinco días para que roubes a alcaldía’? En Fancy non poderás ser alcalde de nada, pero si desbloquear badges gracias ao teu uso da rede. Fancy aposta polo estilo, así que as badges que poderás conseguir estarán moi relacionadas con el: comezarás como bolseiro de marketing e irás ascendendo ata chegar á cima, director de moda.

Unha das seccións en Fancy

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *