Filmes suecados: unha tendencia do pasado

Recordades os filmes suecados? Hoxe quedaron no esquecemento, pero estiveron moi de moda hai tres anos, a raíz da película do sempre adorado Michel Gondry: ‘Rebobine, por favor’.

Nesa película, como consecuencia dunha serie de visicitudes que non veñen ao caso, un empregado de videoclub descobre que -por culpa dun amigo seu- todas as películas que hai dispoñibles foron borradas.  Co obxectivo de non perder a súa (reducida) clientela, deciden re-facer eles mesmos as películas,  ao modo caseiro e cos seus -tamén reducidos- medios.  Cando a xente pregunta polas diferencias co filme orixinal eles alegan que as cintas que teñen son unha versión rara, sueca -de aí o nome-. O caso é que esas películas suecadas do videoclub triunfan.

Podemos ver un anaquiño dunha delas aquí.

Pero máis que no filme de Gondry triunfaron en YouTube, onde ao longo de 2008 cada día eran subidas novas versións suecadas de filmes míticos, que auñaban devoción polo filme orixinal e (no mellor dos casos) un fino humor. As premisas estaban claras: tratábase de curtas caseiras, de non máis de 8 minutos de duración, que recollían os momentos básicos do filme suecado,  pero en versión moi cutre. Habíaos hilarantes, aínda que, como pasa sempre nestes casos, a maioría quedaban nun quero e non podo.

E por que vos falo de algo que foi cool hai unha eternidade? Porque hai pouco vin un filme suecado polo propio Gondry, que en Francia se exhibiu nos cines como aperitivo antes da emisión do filme ‘A invención de Hugo’ de Scorsese, e pensei que ben valía a pena recordar un concepto que como idea, máis que cómica, é romántica.

Trátase dunha versión suecada de ‘Taxi Driver’.

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *