En Transilvania non hai vampiros, pero é ben fácil imaxinalos. Entrar nesta rexión de Romanía en tren, bus ou coche (se non conduces), procedente do sur -poñamos Bucarest- é unha auténtica gozada. Os vastos campos de colleita vense suplantados por montañas ateigadas de árbores, por casiñas incrustadas na terra, por bosques neboentos e escuros. Transilvania é salvaxe e fermosa (se isto non é unha redundancia).
A mellor maneira de coñecela é establecer un campamento base desde onde aventurarte en múltiples excursións. A aposta gañadora de Disquecool para facer isto é Brasov: unha cidade duns 200.000 habitantes, situada xusto no centro de Transilvania. E esas son xusto as dúas razóns polas que escoller Brasov: queda a unha distancia equidistante da maioría dos lugares de interese, e é o suficientemente grande como para que teñas diferentes sitios onde cear e saír cada noite.
Pero Brasov non só sirve para coñecer o resto de Transilvania, tamén seduce por ela mesma. O centro histórico, unha pequena e cohesionada vila de estilo autrohungáro, se establece xusto ao pe dunha montaña. O efecto é bastante sublime, especialmente se chegas de noite e ves o letreiro de Brasov (letras ao estilo hollywoodiense) acendido sobre o cume. Si, definitivamente, Brasov ten un punto fantasmagórico.
Coa igrexa máis grande entre Viena e Estambul, algúns museos agradables de ver e unha paisaxe privilexiada (é moi recomendable subir en teleférico ata a cima do monte, e baixalo andando), o que mais chama a atención da cidade é, sen embargo, o seu bo ambiente.
Desde Brasov, hai alomenos tres excursións que paga a pena facer. Son as seguintes:
1. Castelo de Bran
Situado a tan so media hora en autobús, trátase dun dos principais atractivos turísticos de Romanía (país que polo demais, aínda non sabe moi ben como explotar eses atractivos turísticos).
Fálase del como “O castelo do Conde Drácula” aínda que eles deixan moi claro que alí nin viviu Vlad o empalador (sórdida figura do século XV no que se cree pode estar inspirado o Drácula de Stocker) nin Bram Stocker estivo xamais. O aspecto exterior do castelo, impoñente no alto, rodeado de bruma, explica moito mellor que o interior a orixe da relación. Polo demais, dentro do castelo podemos ver como vivían uns reis e príncipes moi cultos que tiñan os romanos a principios do século XX, e mercar algunhas camisetas de vampiros.
A guía do castelo insistiu tanto en que ela era da zona e nunca viu ningún vampiro, e esforzouse tanto en mostrarnos os seus redondillos colmillos, que estiven a punto de crer que había xente que visitaba Bran buscando realmente algo sobrenatural. Outro punto cool para el, non si?
2. Sinaia
Sinaia se sitúa a unha hora en tren desde Brasov e conta con múltiples atractivos. O mais evidente é o castelo Peles, unha das edificacións deste tipo mais recentes, que conta con calefacción, ascensor, un pioneiro sistema de aire acondicionado e ata un innovador mecanismo de aspiración sen ruídos. Tamén conta con moito encanto, gracias en parte o seu estilo ecléctico, con habitacións de estilos moi diversos que pasan polo oriental, o francés, o italiano, o turco ou o tipicamente autrohúngaro.
Tamén paga a pena ver o seu mosteiro, con iconas en cores brillantes e tellados baixos que crean unha contundente atmósfera zen.
Por último, en Sinaia debes visitar os Cárpatos. Desde o centro da vila hai un teleférico que te alza doadamente ata os 1400 ou os 2500 metros. En inverno, podes gozar de múltiples pistas de esquís. En verán, unha excursión senderística pola zona fará que esquezas todo o estrés da vida anterior. Cun atractivo extra: estamos no único lugar do mundo onde podemos encontras edelweis por debaixo dos 2000 metros.
3. Sighisoara
Os locais están moi orgullosos desta cidade de 32.000 habitantes, a 120 km de Brasov, e din marabillados que se trata da única ciudadela medieval habitada hoxe en día. Que a ciudadela é preciosa non serei eu quen o negue, pero o da vida é moi cuestionable. Iso si, é un sitio que se debe visitar, pero xustamente porque non somos os únicos que o pensamos trátase dun lugar que está a perder a súa alma, unha Brujas na metade de Romanía.
As casas de séculos pasados (XIV ou XV) mantense en desigual estado, o que dota a cidade, colorida e accesible, dun encanto decadente innegable. O seu maior orgullo é a torre do reloxo, onde podemos ver vagar monigotes segundo o día da semana, o mes e a estación en que esteamos. Recorda fortemente a torre do reloxo de Praga.
Desde Brasov, hai moitas outras cidades de Transilvania accesibles (aínda que mais lonxe) e interesantes, como poderían ser Sibiu, Cluj Napoca ou Targu Mures.
En Transilvania non hai vampiros, nin falta que fai.
Foto | Tera