De óxido e óso: o amor que salva

De_oxido_y_hueso-381340275-largeCon este título un podería esperar una historia relambida, sensiblera, pero nada máis lonxe da realidade. O último filme de Jacques Audiard, ‘De óxido e óso’ é sobre todo unha historia de amor, si, pero una historia que foxe do sentimentalismo, do romanticismo, dos paseos á tardiña e mesmo dos bicos. É unha historia de amor entre dous animais feridos que (contravindo as indicacións da canción de Nacho Vegas e Cristina Rosenvinge) acertan ao fiarse o un do outro, a pesar do improbable da aposta.

O protagonista do filme é Ali, un home duro, roto, primitivo e inxenuo, co entusiasmo dos nenos e a falta de autocontrol dos nenos. Sen traballo, nin recursos, e tendo que facerse cargo dun fillo de cinco anos, múdase á casa da súa irmá, á que hai máis de cinco anos que non ve. Consegue un traballo e coñece unha moza na discoteca. A moza, Stephanie (unha marabillosísima Marion Cotillard), é domadora de candorcas, tamén experimentada na soidade emocional, e tras un grave accidente laboral perde as pernas.

Ali e Stephanie vagan polo filme, sen que pareza que a historia queira ir a ningures. Non acuso aquí unha falta de ritmo, todo o contrario, unha naturalidade verosímil da vida que flúe, das ganas de vivir que se atopan, dos erros que se cometen. A lenta construción dun amor honesto, aínda que lonxe a máis non poder da perfección, un raio de luz que aparece no medio da escuridade. Porque se ‘De óxido e óso’ conmove é porque deixa lugar á redención. Porque nos recorda que non somos nin bos nin malos, mais ambas posibilidades. E porque sempre hai algo de ancestral na tenrura, como os ruídos de tambores que gustan universalmente por semellarse ao ritmo do corazón. O resultado é que, sen que quizais o pareza ao saír do cine, ‘De óxido e óso’ fica contigo, unha sensación doce a pesares do melodrama que encerra.

Aínda que non todo é inmellorable no filme de Audiard (o final pode parecer algo collido polos pelos, innecesario e/ou improbable) o certo é que é un filme que ninguén se arrepentirá de ver. Excelentes actuacións, unha moi apropiada selección musical, e unha realización axustada e vitalista dunha historia complicada, escura, dramática. E sobre todo, esa emoción rumíante nas entrañas.

Shares

    1 comentario

    • Sabela di:

      Non hai palabras para describila mellor, certo é, que o mellor do filme é a naturalidade con que a vida flúe :)

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *