Coches, coches e máis coches en todas partes. E a nós, que nos gustan os parques e as bicis e sentar nun banquiño a ler ou facer pícnic, as nosas rúas máis grises e ruidosas fannos suspirar un pouco tristes. Non somos os únicos (afortunadamente), e desde hai sete anos existe o PARK(ing) Day, unha xornada internacional de protesta consistente en transformar zonas destinadas a aparcamento en espazos temporais de uso público da que xa vos falamos o ano pasado. Será este venres 21 de setembro e, un ano máis, hai convocatoria en Vigo.
Detrás da praza de parking (en zona azul) que se ocupará na rúa Ecuador está a xente do Espacio Nido, que explican que decidiron unirse á iniciativa por cren que “hai que contarlle á xente dun xeito visual e cun toque de humor cales son os vicios do urbanismo actual”.
Non é a primeira vez que se suman ao PARK(ing) Day: levan a facelo desde 2009, sempre cunha acollida “estupenda” por parte da xente. “Páranse, preguntan, participan… diso se trata, de que se decaten cunha experiencia persoal do inmenso espazo que ocupa a mobilidade automobilística no centro das nosas cidades. O cidadán queda relegado á parte que o automóbil non precisa e os espazos públicos son corredores entre un tráfico atroz e perigoso e os escaparates das tendas”.
Como sería unha cidade ideal na que non fose necesario un PARK(ing) Day? Como bos arquitectos e xente preocupada pola planificación urbana (os responsables da acción en Vigo son o estudio Arquétipos), desde o Espacio Nido explican que se trataría dunha cidade “na que o transporte público e os medios de mobilidade sostible (a bicicleta ou o paseo de toda a vida) son usados pola maioría da poboación”.
Explican tamén que a idea non é “o abandono do automóbil”, senón que simplemente tratan de amosar como “se se empregasen os mesmos recursos espaciais e económicos a desenvolver modos alternativos de desprazamento as cidades serían máis seguras, menos contaminantes e máis eficientes”.
E non é unha utopía, xa que hai “centos de exemplos” de cidades que xa funcionan así (e funcionan mellor), “xente tan “rara” como os holandeses, daneses e escandinavos”, que pareceron comprender mellor en que consiste o desenvolvemento industrial. Agora as últimas cartas europeas de sostibilidade falan de “cidades percorridas por tranvías eléctricos, bicicletas, peóns e, en menor medida, automóbiles”.
A que lembra esa convivencia? Quizais haxa que botar unha ollada a esas fotos de como eran as nosas cidades hai varias décadas e pensar nesas vías de tranvía que aínda están presentes nalgúns puntos de Vigo. Un paseo por aí con calquera visitante do norte de Europa levaralle a preguntar se temos tranvía. Nós contestamos que non, que desapareceu cando o progreso chegou a Vigo. O estranxeiro di que non entende e nós sentímonos un pouco estúpidos. Por iso o venres toca facer PARK(ing).
* A proposta do Espacio Nido é a de estar un par de horas nunha praza de aparcamento de zona azul da rúa Ecuador de Vigo. Esperarán a que queden prazas libres, collerán o ticket (o plan non é ser multado!), colocarán algún moble por último farán pícnic. Quen se une?
Me parece todo muy lindo y maravilloso, vamos, una fantasía. Nuestro edificio no tiene plazas de garaje. Nos echamos a diario más de una hora para conseguir dónde aparcar. El coche en nuestro caso no es un lujo, es necesidad. Tenemos que ir a trabajar. Se construyen “parkings”, y todos son privados y caros. Qué hacemos? Nos ponemos el coche como enema? Un saludo!
¿Entre que horas se hará? Es importante saberlo para poder sumarnos.
Hola Janice! me encanta que precisamente los que tenéis problemas con conseguir plazas de aparcamiento no entendáis que cuanta menos gente coja el coche más plazas habrá para los que realmente las necesitáis! Ah y la “fantasía” como tu la llamas está construida en medio mundo! solo tienes que cruzar los Pirineos! lo del coche como enema prefiero no comentarlo…
María, el horario es a partir de las 15:00, saludos!