E chegou a Disquefesta!

Lanzamento de gafas

Todos os que leades Disquecool (aínda que só sexa de cando en vez) saberedes que gran evento, que levamos semanas anunciando, tivo lugar o pasado sábado en Pontevedra: a Disquefesta!

Se aínda tes lágrimas nos ollos (“ai, non puiden ir, ai, non teño a nova edición da disquebolsa, ai que triste é a miña vida”), consólate. Non estiveches, pero agora saberás todo o que pasou alí. Que non é o mesmo, claro, pero coa suficiente imaxinación pode parecerse un pouco.

O día amañeceu moi cedo para as disquerredactoras, pero sobre todo, amañeceu moi soleado. Nestes tempos nos que o verán se trasladou definitivamente ao mes de setembro deberíamos ternos decatado de que os nosos temores de choiva eran infundados. O único que debíamos temer era ese sol de xustiza que fai que a xente corra a tirarse na area. Porque só os modernos de fachenda (os que caen mal) detestan a praia.

Acción laneiraAsí estaban as cousas nesa mañá de sábado cando chegamos ao Liceo Mutante. O certo é que o lugar foi unha moi boa elección porque ten un interesante microclima no xardín cun par de graos menos (xúroo). Non só por iso foi un acerto, claro, porque desde que comezamos coa organización da Disquefesta a xente do Liceo Mutante foi encantadora (grazas!) e porque o sitio mola unha morea.

Pouco antes das catro da tarde chegaron as chicas de Homemade Craftytalleres para intervir o xardín. Deixaron a palmeira enredada en vistosas flores de la, pero sobre todo, deixaron un montón de animaliños adorables cosidos nun dos enreixados (que mais dun tivo tentacións de roubar, e entendémolo perfectamente).

A xente comezou a asomarse timidamente sobre as catro e media da tarde. Ben! Non todo o mundo fuxira á praia! A primeira actividade que tivo lugar (tras a acción laneira) foi o obradoiro con arxila (supostamente destinado aos pequenos, pero ao que tamén se sumaron entusiasmados algúns maiores). Fósiles, peixes, cans, un Mazinger Z ou obxectos nonObradoiro de arxila identificables… cada quen representou o que máis lle gustaba para levar á casa (ou para terminar apostándoo á corda).

Porque nas Disqueolimpíadas moitos se atreveron a mostrar as súas habilidades deportivas. No lanzamento de gafas de pasta (que había que encestar nunhas papeleiras), dous nenos deron un bo repaso aos adultos presentes (que tiveron que repetir unhas cantas veces antes de que alguén conseguise acertar).  Na corda si houbo máis nivel, e puidemos presenciar estilos moi elaborados que incluían desde o salto cruzado ata a pata coxa. A algarabía montada polos participantes permitiu que os mais tímidos tamén se achegasen a participar, porque fronte ás vosas reservas (se as tedes) eu asegúrovos, si, xogar é cool.

Á hora do concerto a xente comezou a entrar no interior do local e descubrimos que ben fixeramos en enchelo todo de comida. Era difícil resistirse ás tentacións dos cupcakes disquecool que fixera a nai dunhas das disquerredactoras e basicamente, da chamada da fame despois do deporte. Era hora de deixar o exercicio físico e comezar co espiritual. O concerto dos Amigos dos Músicos foi unha fantástica maneira. Cancións intimistas cun deixe americano que deleitaron a todos os presentes .

Despois estaba planeada a ukequedada, pero tivemos que pospoñela por cuestións prácticas (só   se trouxeron tres ukeleles á festa -un moi bonito, iso si-). Finalmente non tivo lugar e queremos pedirvos desculpas a todos os que nos preguntaches polo evento. Especialmente a un rapaz que pasou toda a tarde pegado ao seu ukelele e ao que nos gustaría desagraviar cun regalo (comezamos a súa busca e captura).

Continuamos con outras probas disquedeportivas e coa música de Dj Chema e Dj Chou, encargados de encher de alegría os nosos corazóns con exitazos da música pop (pero da que mola), temas menos coñecidos polo gran público (que para iso somos hispters) e clásicos imprescindibles en calquera festa que se prece, como Raphael.

Santos Morcegos

Cara as 10 comezou o concerto dos Santos Morcegos, música surf coa que é difícil non mover os cadrís. Ao seu fin tocou relaxarse un pouco (ou iso fixemos nós, que estabamos esgotadas) e animar aos preguiceiros a fotografiarse no photobooth Disquecool con todo tipo de complementos DIY. Esperamos que todos o pasásedes tan ben coma nós, para quen foi toda una alegría vervos as caras. E queremos, por suposto, agradecer toda a súa axuda ao Liceo Mutante, e tamén as marcas que colaboraron con nós e permitiron terminar cada actividade cun agasallo. Así que gracias de novo a Kalandraka, Xerais, Rinoceronte, Punto G, Kling, Le marché de Rachel, Oitenta, Patty Difusa, O Gato Cósmico e Laconicum .

E para os que non puidestes asistir, non vos preocupedes. Desquitáredevos coa próxima!

Fotos | Andrés Fraga

Shares

    5 comentarios

    • Marina di:

      Desexando non perderme a próxima! Non sería Nadal unha época óptima? ;-)

    • Hola!! jo, que boa pinta tuvo todo na disquefesta…
      as olimpiadas de gafas de pasta, os concertos…
      unha mágoa non poder ir, xa que temos exposición na Casa Taller e non era plan… :(

      A ver se para a próxima podemos ir!

      Saúdos!!!!

    • vane di:

      Que bonita la fiesta, alegre, divertida, los niños preciosos. Y digame la madre con su bebe, que cosa tan rica!!!! Bueno las cupcakes muy buena pinta. Yo lo de calcetar o tejer hace años que no lo hago, bueno experta cero pero mi madre me hacía hasta los 12 años los jerseys, yo toda orgullosa. Las actividades que al final se apuntaron también los mayores muy amenas y entretenidas. Por cierto aprendí una palabra nueva “Ukelele”, estaba viendo un programa en la tele de música y da la casualidad que una chica lo usó para su canción, por fin yo sabía que era.. Aprendemos todos los días jaja. Bicos para todas y todos. Por cierto las chicas ibais guapisimas!!!!

    • vane di:

      http://youtu.be/U31niXdvRPA . Esta es la chica que descubrí en la tele . se llama Paula Rojo, con su ukelele enamora, cierto. Y es compositora también. y la siguiente canción es una de sus composiciones para su hermanito cuando ella apenas tenía 16. Bueno he de decir que nos hizo llorar a todos. http://youtu.be/R7N5S3b3Xec .

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *