Estás farto dos coches, a polución ou a escaseza de zonas verdes nas cidades? Pois estás de sorte porque hoxe é o teu día. O Park(ing) Day é unha festividade que o ten todo: permite invadir o que sempre está prohibido, parte da filosofía DIY (xa sabedes, o de faino por ti mesmo) e ademais é totalmente creative commons. Os organizadores decidiron licenciar así as bases do evento e calquera que queira facelo só ten que descargarse as pautas e reproducilo.
O Park(ing) Day comezou en 2005, ideado por unha axencia de deseño de San Francisco como un proxecto de guerrilla urbana (street art ao final) que fixese que a xente cuestionase os modelos urbanos actuais. A idea da xornada é a de okupar as zonas de aparcamento das cidades e convertelas en parques. Cada quen pode deseñar o seu parque, esperar a que quede un oco libre (como se fose un sábado pola tarde nas inmediacións dun Dia calquera) e lanzarse a construír un xardín de curta vida no lugar que antes tiñan os automóbiles. Na páxina oficial do evento recoméndanche, iso si, estudar ben antes as leis municipais, para que ningún policía local che veña a desaloxar e acabes, nunha xornada tan festiva, no cárcere.
A idea tivo éxito e, dado que é non ten copyright, acabou por exportarse a medio mundo. No 2010, organizáronse máis de 800 parques por todo o mundo, dende Madagascar ata Irán, pasando por todas as cidades cool de Estados Unidos e a mesmísima Vigo, que aparecía no mapa colaborativo que recollía os puntos de acampada.
Calquera pode montar un destes parques: non se precisa nin ao concello, nin un patrocinador nin unha asociación. Só hai que descargarse o pdf coas instrucións e lanzarse á cidade. Este ano, o único parque en España que se incluíu no mapa colaborativo está en Valladolid. Pero aínda quedan unhas horas para poder celebrar como se merece o Park(ing) Day e aínda se poden engadir máis puntos ao mapa.
Segundo explica no dossier para prensa dos primeiros organizadores da xornada, o Park(ing) Day serviu nos últimos anos para concienciar á poboación e inspirar aos concellos nas súas políticas verdes. Nova York e San Francisco xa tomaron elementos deste día para algunhas das súas políticas municipais.
Fotos | Rebar
Para máis información e as instruccións da xornada, a súa páxina oficial
Por certo, acabamos de descubir en Twitter que tamén o hai en Vigo
http://twitter.com/#!/disquecool/status/114735186318598144
Sí Raquel!
Ocupamos a nosa praza en Vigo. Pronto colgaremos as fotos e vídeos para que os vexades e vos convidamos a que participedes con nos o próximo ano! Que xa será o terceiro que se faga.
Tendes máis info nos seguintes links:
http://itrynottothink.com/wordpress/?p=3081
http://detectivesalvaje.wordpress.com/2010/09/23/parking-day-2010/
http://detectivesalvaje.wordpress.com/2009/09/20/parking-day-ii/
PD: que magoa que tódalas fotos que puxeches na entrada sexan de accións doutros países…
O próximo ano temos que irvos visitar na acampada! Como non estaba no mapa, botei de contas (error!) que este ano non había en Galicia. Xa nos contaredes como vos foi e sobre todo… que é o que máis me intriga… como reacciona a Policía Local cando vos ve okupando unha praza.
(As fotos son estranxeiras por unha cuestión de dereitos: son as estaban dispoñibles para prensa. Pero se nos dades permiso, roubo algunha galega encantada! ;) )
Ola Raquel!
Xa temos as fotos, por si os interesan as podedes ver nos seguintes links.
http://itrynottothink.com/wordpress/?p=3086
http://quetipos.com/blog/?p=58
http://www.flickr.com/photos/kasikeno/sets/72157627688270644/
Contamos con vos para o ano que ven. Ídevos preparando!
:)