Unha vez pasados os Oscars xa podemos dicir que ‘The Artist’ foi oficialmente a película do ano 2011. Onte á noite gañou cinco premios: mellor película, mellor dirección, mellor actor principal, mellor banda sonora e mellor vestiario. A segunda clasificada foi a película familiar de Scorsese, ‘Hugo’, que levou case todos os premios técnicos (efectos, fotografía…); e moito máis atrás quedaron o resto de finalistas (‘The Descendants’, ‘Midnight in Paris’, ‘The Tree of Life’, ‘The Iron Lady’…). Internet xa está cheíño discusións: críticos que din que o resultado non é xusto, publicacións que din que si, e mesmo xente que non fala dos premios pero pode escribir dúas ou tres páxinas en col da roupa que levaba Meryl Streep cando colleu o premio.
A discusión non está exactamente en se ‘The Artist’, a película francesa que este ano gañou case todo (incluido o Premio do Público de Cineuropa), é merecedora ou non do premio, que o é; a pelexa está en se ‘The Descendants’ ou ‘The Tree of Life’, por exemplo, non merecen máis recoñecemento. A posición xeralizada dos críticos é que o reparto dos premios foi inxusto, e que a peliculiña muda en branco e negro de Michel Hazanavicius é unha especie de lambetada en comparación co chuletón cinematográfico que fixo Terrence Malick; ou por que Jim Carrey nunca levou un Oscar e este ano llo deron a Jean Dujardin. Pero por outra banda, ‘The Artist’ foi a película máis desfrutada polo público en 2011, así que, por que non vai gañar? Por que vai ter que gañar o premio unha película da que só desfrutou unha minoría de espectadores sesudos? Quen ten razón eiquí, os estudosos ou o público xeral?
Do resto da noite dos Oscars podemos dicir que o cabalo de Spielberg non gañou nada, que coma sempre, Woody Allen non recolleu o premio porque estaba a dar un concerto, e que na redacción de Disquecool estamos moi contentos polo Oscar que levou Jim Rash, o decano Pelton da serie ‘Community’ (a mellor guión adaptado – ‘The Descendants’), e sobre todo polo Oscar que levou Bret McKenzie, de ‘The Flight of the Conchords’, pola mellor canción orixinal, malia que a compuxera sen Jemaine.
Eiquí deixamos unha lista de todos os premios, pero son os merecidos? Dinos nos comentarios cal tería sido o resultado se ti foses quen decide os Oscars: é a post-porra de Disquecool!
Na redacción de Disquecool temos diferentes opinións sobre os resultados dos Oscars, por iso pensamos en montar unha POST-PORRA do reparto de premios (un concepto rídículo que máis semella unha performance).
Estas son os meus premios, os H’Oscars:
Mellor Película: The Artist
Mellor Director: The Descendants (A. Payne)
Mellor Actor: The Descendants (G. Clooney)
Mellor Guión Adaptado: The Descendants
Mellor Guión: The Tree Of Life
Mellor Montaxe: The Tree Of Life
Mellor Dirección de Arte: Melancholia
Mellor Película “Extranxeira”: La Guerre Est Declarée
Mellor Fotografía: Tinker, Tailor, Soldier, Spy (O Toupo)
POST-PORRA! Eu abstéñome por iso de só ter visto tres películas das nominadas (e ningunha das nominadas a mellor película), pero non podo máis que admirar a elegancia coa que Jim Rash, aka Dean Pelton en Community, imitou a pose de Angelina Jolie ao recoller o Oscar :D
http://insidemovies.ew.com/2012/02/27/oscars-jim-rash-angelina-jolie-right-leg/
Nós certamos 12 de 24, non está mal, ¿ou si? http://lareputada.com/2012/02/27/oscar-2012-ganadores-y-cronica-del-triunfo-de-the-artist/
A miña valoración vai ser do máis imparciál, xa que non vin nin unha das películas nominadas, pero como é deporte nacional opinar sen saber, vou alá. Ademaís, o que si vin, foron os trailers de todas elas.
Mellor Película: The Descendants (A. Payne)
Mellor Director: Michel Hazanavicius (The Artist)
Mellor Actor: The Descendants (G. Clooney)
Mellor Guión Adaptado: Tomas Alfredson (El Topo)
Mellor Guión: The Artist (ironic)
Mellor Montaxe:La invención de Hugo
Mellor Dirección de Arte: Caballo de guerra
Mellor Película “Extranxeira”: (eiqui nin idea)
Mellor Fotografía: Tinker, Tailor, Soldier, Spy (O Toupo)
Eu poñome do lado de Scorsese, creo que non está valorado como se merece. De oito nominacións aos Oscar como mellor director en toda a historia solo se levou unha estatuilla en 2006 por The Departed. Non é xusto!
Eu non vin máis que Criadas e señoras (en fin… non oculto nada!) e The artist. The Artist fun vela onte ao cine, sen ningunha fe, tendo moito medo de ter que saír coa peli no medio por non ser capaz de soportar nin un minuto máis. E… saín encantada! Paréceme boísima! E eu daríalle o de actor de reparto ao can.
Eu co mellor filme e director estou plenamente de acordo, pero abúrreme un pouco o de Meryl Streep con ese papel que cheiraba a Oscars por todas partes (por certo, xente que facedes post-porras, por que non dicides nada sobre o premio á mellor actriz?). Eu daríallo a Michelle Williams, xa sei, xa sei que aínda non vin Unha semana con Marilyn e quizais me arrepinta, pero eu estou con Andrés en que hai que apuntarse aos deportes nacionais e Michelle é unha gran actriz desde Dawson Crece!