Mad Men: empeza a conta atrás

MAD-MEN-SEASON-5-POSTERSe es dos incondicionais de ‘Mad Men’, seguro que xa tes o día ben marcado en vermello no calendario: 25 de marzo. Ou o 26, luns, en realidade, que será cando o capítulo voe pola rede e chegue a todo o mundo. Ou antes, se temos sorte e hai unha desas misteriosas “filtracións” tan habituais, por exemplo, nas estreas de ‘Dexter’. Sexa como sexa, sabemos que esa data que levamos máis dun ano esperando está a punto de chegar.

Desde AMC, como non, xa empezaron a calentar motores con promos nas que non ensinan nada novo (pero ai, hai tanto tempo que non vemos a Don, a Peggy, a Pete ou a Joan, que é como se todo fose a primeira vez) e co póster oficial da quinta tempada. Toca analizar. Que fai Don Draper diante deses maniquíes? Que queren dicir?

En Disquecool queremos facervos(nos) a espera menos angustiosa, así que vos deixamos algúns vídeos cos que volver a meternos en materia. Se es dos que aínda non caeu nas redes de ‘Mad Men’, aínda estás a tempo de facer os deberes. Empeza a traballar hoxe e, a tempada por semana, chegarás ao 25 de marzo preparado para o gran momento. Style is back.

8. Guía de Don Draper para ligar. O mesmo Don Draper desvela os seus segredos: guía para ligar en cinco sinxelos pasos.

7. Don Draper presenta o Timeline de Facebook. Xa fixeches o cambio? Seguro que se en vez de Mark Zuckerberg tivese sido Don Draper quen presentou o Timeline, estarías moito máis convencido. Aquí o tes.

6. Don Draper di: “que?”. Posiblemente sexa a palabra máis pronunciada polo protagonista de ‘Mad Men’, e en cada momento significa algo distinto!

5. Guía de Betty Draper para nais. Todo o que os expertos en educación infantil din que NON hai que facer, xunto nunha persoa. Menos mal que Sally é lista e sabe ver que a súa nai está un pouco tola.

4. Homenaxe a ‘Mad Men’ na cabeceira de ‘The Simpsons’ (non oficial, pero moi ben feita!). Eses títulos de crédito de ‘Mad Men’ merecían isto e máis.

3. E se ‘The Simpsons’ o fixeron, non podían faltar os teleñecos de Barrio Sésamo coa súa particular interpretación.

2. Como beber coma un Mad Men. E beben, e beben, e volven a beber…

1. E para finalizar, para os que non queredes ver as catro primeiras tempadas en catro semanas, aquí tedes o resumo máis resumido e acertado da serie: Mad Men en 5 segundos.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *