Se este venres quedas na casa, qué mellor que ir preparando os plans do resto do mes? En marzo chegan filmes moi diferentes ás nosas pantallas, desde os últimos coletazos dos Oscars 2012, ata películas cómicas, melodramáticas e mesmo de terror (ou algo así). Vemos os tráilers dalgúns dos filmes máis esperados?
1. Os idus de marzo
George Clooney firma este filme sobre política e corrupción, onde un director de comunicación dun candidato ás primarias, novo e idealista, comprobará de primeira man que hai que caer moi baixo para ascender en política. Ten moi boa pinta!
2. Lobos de Arga
Comedia de terror sobre os lobishome galegos, protagonizada por Gorka Otxoa, Manquiña e Areces e ambientada nunha aldea galega. Haberá que vela!
3. Alemanya, Benvidos a Alemania
Comedia chea de boas intencións (alomenos iso parece) sobre a integración dos emigrantes turcos en Alemania. Pero ven precedida de boas críticas sobre o seu humor intelixente, aínda que algo localista.
4. Tan fuerte, tan cerca
Cheira a sentimentalidade que da medo, pero eu vou darlle unha oportunidade porque outros filmes do director, como Billy Elliot ou Las horas, resultaron se non brillantes, si ben bonitos. Trata sobre os efectos do 11-S nun neno precoz e sensible.
5. Fausto
A rareza do mes, para os que queiramos presumir de intelectuais. O director ruso Alexander Sokurov retoma a clásica historia de Goethe nun filme inquietante que lle valeu o León de Oro en Venecia. Si, o tráiler está en alemán, é o que teñen os filmes raros, non levan moi ben o da promoción.