Algúns apuntes sobre Cineuropa 2011

cineuropaEstamos no ecuador da 25 edición de Cineuropa, un festival de cinema ambicioso pero que sempre funciona. Interminables colas diante das salas de proxección, carteis de “entradas esgotadas” cada día… Se cadra é polos prezos populares das entradas, ou porque é moi cool asistir/dicir que asistes a Cineuropa, ou se cadra é polo carácter independente das películas que ofrecen, difíciles de ver en pantalla grande: películas independentes xaponesas, alemanas, francesas; e todas en versión orixinal, algo cada vez máis demandado polos consumidores de cinema.

Malia o xeneroso e organizado calendario de proxeccións, é prácticamente imposible ver todas as películas que se proxectan no festival. Aquí van uns apuntes sobre algunhas das películas proxectadas máis destacadas para a redacción de Disquecool:

Kiseki (2011)

KISEKI (Hirokazu Kore-eda, 2011)

Kiseki (traducido como Desexo ou Milagre) é unha fermosa película de nenos con mochilas, desas nas que ao rematar saes da sala cun sorriso de orella a orella. Ver unha película xaponesa sempre supón un exercicio de adaptación por parte do espectador occidental, que ten que entender a forma de relacionarse dunha sociedade tan lonxana, pero tratándose de nenos é moi doado empatizar dende un primeiro momento. O director relata hábilmente a aventura destes sete rapaces cativos que inocentemente van perseguindo unha especie de lenda urbana máxica. É esa inocencia a que engancha ao espectador dende o primeiro momento e a que articula a narración.

If not us who (2011)

 IF NOT US WHO (Andres Veiel, 2011)

Unha historia real da historia alemana adaptada á gran pantalla que amosa o activismo e o idealismo dos anos 60 nas Alemañas separadas. O atractivo desta película reside en amosar esa época tan carismática, e en amosar outra vez a problemática da conciencia alemana sobre as consecuencias do nazismo, que aparentemente segue a ser un tema moi controvertido en Alemaña…

Les niejes du Kilimanjaro (2011)


LES NIEJES DU KILIMANJARO
(Robert Guédiguian, 2011)

Se cadra unha das cintas máis aclamadas do festival e favorita de Disquecool. Este película francesa fala das inxustizas sociais, do traballo, da situación actual do mundo. Debuxa dun xeito moi acertado unha sociedade na que non hai absolutos, na que os bos son malos, na que os malos son bos. Un exercicio de relativización que pasa do drama á comedia cunha incrible naturalidade, cun simple xesto; unha reflexión crítica amable moi actual sobre o mundo no que estamos inmersos.

Cineuropa segue a ser unha cita obligada para os amantes do cinema de Santiago de Compostela e de Galicia. Estamos de sorte.

Shares

6 comentarios

  • diego di:

    Vin as dúas primeiras, a primeira me encantou, a segunda me pareceu un soberano tostón. Tamén influeu que os do Salón Teatro tiveron o pracer de poñer o aire durante hora e media, nun día que facía un frío de un par…..

  • Mer di:

    E a que está recollendo máis premios e vai aos Oscar en autopista: The Artist (non comprendo como non a incluídes)

  • diego di:

    Mer, gostaría moito dunha breve crítica das neves do kilimanjaro. Grazas.

    • Fotografía de avatar Horacio di:

      Máis adiante faremos algunha crítica algo máis extensa das películas que máis destacadas. Non podemos facer unha crítica de cada película do festival. Nin sequera temos tempo de velas todas…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *