Os concursos de tapas son xa o pan noso de cada día, pero non por iso deixan de emocionarnos. Se hai un mes vos falabamos do concurso de tapas de Vigo, hoxe traemos unhas xornadas de degustación de pinchos que están aínda mellor. Por que? Porque a tapa vai gratis coa consumición!
Trátase do Pinchorriño que se desenvolve en Porriño todos os venres e sábados do mes de novembro. Fronte ao experimentalismo moderno, en Porriño inclínanse sobre todo pola contundencia: 29 tapas con comida de hoxe e de sempre, como pode ser empanada, ovos rotos con zorza, polo con arroz, ou gambas ao alliño; pero tamén pinchos máis creativos, como o de “El alambre del abuelo”.
Estefanía, a cociñeira e dona, explica: “nun primeiro momento pensei nunha brocheta de mexillóns e hortalizas, pero como quería un pincho máis contundente lembrei que a miña nai lle falaran de que o arroz con castañas estaba moi bo”. A combinación de alimentos de mar e terra fai ese pincho moi atractivo e mesmo se a tapería non queda xusto no centro da vila, están a recibir moita xente.
O bar Salgueira aposta por un plantexamento similar. David explica que coa súa tapa buscaban algo que gustase o maior número de xente posible é que non deixase o estómago demasiado baleiro “o pinchorriño consiste en poder cear indo de viños cos amigos“. Para iso, optaron por un pincho de carne con champiñons, bechamel e patacas para acompañar.
O pinchorriño leva xa 6 años celebrándose e cada ano máis xente achégase a probar os distintos pinchos. O mesmo David explícanos que el ten notado maior afluencia de xente, e sobre todo, xente nova que nunca vira antes no local. Iso indican tamén desde Café Saspi: “unha marea de xente é o que move o Pinchorriño”. A súa tapa, vexetariana, conta cun ingrediente secreto que renxe por enriba de tres tipos diferente de arroz (salvaxe, integral e branco) con champiñóns.
Ademáis, no Pinchorriño, polo prezo da bebida non só levas parte da cea gratis, tamén un selo que te permitirá (cando acades catro) optar ao sorteo do gran premio do pinchorriño: dúas fins de semana nunha casa de turismo rural.
99vmoc