Por que segundo Pantone o Living Coral é a cor do ano

Todos os anos, por estas datas, Pantone fai un deses anuncios “do ano”. Desvela cal será a cor do ano que vai entrar, nesta ocasión a cor de 2019. O dato é un que fascina por igual a curiosos, deseñadores, xente do mundo da moda, xente do deseño de interiores ou responsables de empresas que están a piques de encher con produtos desa cor as tendas baratas do mundo enteiro, por poñer algúns exemplos.

A cor do ano de Pantone é unha predición no só da tonalidade que todas as industrias usarán de forma masiva no ano entrante, senón tamén da que marcará as cousas que rematarás mercando. E, ademais, tamén supón unha lectura do estado das cousas, xa que o que marca as características da cor do ano di moito da psicoloxía colectiva e do estado emocional colectivo.

Antes de determinar cal será a cor do ano entrante, os expertos de Pantone estudian que está facendo xa o mercado (por exemplo, que cores dominan nas paletas da industria da moda, nas do cine, nas dos videoxogos en produción ou nas de arte) e tamén o estado dos consumidores, o que queren e o que senten.

2019 xa ten cor do ano. A seleccionada é o Pantone 16-1546 Living Coral. Segundo a descrición que fai Pantone, é un “ton coral, animado e vital que aposta pola vida, con matices dourados que aportan enerxía e dinamismo con un toque de suavidade”. O Living Coral é por tanto unha cor optimista e enerxética, moi cálida, o que en certo modo contrasta coas cores dos anos precedentes e que tamén mostra como está cambiando a nosa percepción do entorno.

Pode parecer un tanto estraño, pero a cor do ano di que a xente xa non está tan preocupada pola crise e que ve o futuro e o presente con mellores ollos. A cor do ano pasado, Pantone 18-3838 Ultra Violet, xa era unha cor orientada ao futuro e que rompía co convencional.

A dos anos precedentes eran revitalizante e marcando novos comezos (o greenery de 2017), tranquilo e que intentaba crear serenidade (os dous tons de 2016, cando a xente aínda buscaba certa paz para o estado de ánimo) ou robusto, que aportaba a solidez que se precisaba (no aínda turbulento 2015). En 2009 a cor do ano foi un ton de amarelo que aportaba calor e esperanza en tempos revoltos e en 2008 un ton de púrpura que aportaba calma e que daba estabilidade (nun mundo en crise, mellor botar man de cousas que parezan estables).

O Living Coral ten igualmente outra lectura social. Como apuntan na súa presentación dende Pantone, o interese que esperta vén tamén marcado polo que as redes sociais están facendo nas nosas vidas. A exposición excesiva que temos ao que acontece nelas fixo que busquemos máis que nunca as experiencias e o auténtico, o íntimo.

Esa cor xera esa sensación de autenticidade e intimidade. “Ante uns consumidores afamados polas interaccións humanas e as conexións sociais, las calidades humanizadoras e reconfortantes do Living Coral logran unha resposta”, apunta Leatrice Eiseman, a directora executiva do Pantone Color Institute.

Fotos Pantone

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *