Non o perdas! O que vos contamos en agosto

Sombrilla

Agosto é o mes por excelencia das vacacións pero (aínda que si, estivemos un pouco a medio gas) nós seguimos traballando. Se estabades na praia, na montaña ou pechados nalgunha exposición de masas nunha grande cidade, non vos preocupedes. Isto é o que non podedes non ler do que publicamos no mes que acaba de rematar.

1. 5 restaurantes exóticos en Vigo. Ben se ve que somos de bo dente. As listas de restaurantes triunfan: a vós gústanvos porque vos solucionan o de buscar onde ir comer, a nós encántannos porque antes temos que probalos. Desta volta, aproveitamos as saídas para cear do verán para probar todo cando exótico hai en Vigo. Indio, mexicano, xaponés… As opcións en Vigo permiten varios estilos.

2. A fascinante historia das casas Futuro. As casas Futuro eran o último en modernidade, pero agora son retro, moi retro. E encantadoras, moi encantadoras. Ese encanto das cousas do pasado que querían ser modernas. Alá nos fomos a Finlandia a velas.

3. The Trip, viaxes e comida. Dous personaxes percorren as estradas inglesas buscando bos restaurantes. Dous actores, un coche e moitos comedores: así son os ingredientes de ‘The Trip’, unha sorprendente comedia británica na que os protagonistas falan moito (e tamén comen moito)

4. Venga Monjas, humor surrealista nos tempos de YouTube. Ideas surrealistas e montaxes delirantes: neses dous puntos está o segredo de Venga Monjas, un dúo de humoristas que teñen en YouTube a súa plataforma para facer rir.

5. Choremos. Volve o power dressing. Xa sabemos que todo (absolutamente todo: ata volveron os zapatos medievais que acababan en punta) acaba volvendo no mundo da moda, así que todos temíamos o momento no que o farían os 80. Deixade de temer, porque os 80 xa están aquí. E non só volven as ombreiras, tamén o fan os outfits total capitalism.

E engadimos: 5 biografías en versión cómic. As biografías están de moda e agora tamén as biografías en formato cómic. Recuperamos cinco de artistas  e escritores que ben merecen unha lectura. 

Foto | Kevin Zollman

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *