Venga Monjas, humor surrealista na era YouTube

Canción de La cafetería de El Corte Inglés - YouTube

Venga Prinxet, Venga Morgue, Venga Dublin Sports Tavern… todos estes nomes (e moitísimos máis) son Xabier Daura e Esteban Navarro. Ou como son coñecidos en internet. Nacidos no 1985 en Barcelona, comezaron a facer vídeos en 2006 e dende aquela non pararon. Recoñecen que tiveron a sorte de nunca facer outra cousa que o que lles gustaba e así chegaron a rodar en Estados Unidos ou ser guionistas de Museo Coconut. Este dúo surrealista é herdeiro de Muchachada Nui, á súa vez herdeiro dos Monty Python. Mais, Venga Monjas supera en absurdo aos anteriores. Actualmente colaboran no programa Visto lo visto e seguen subindo vídeos á súa canle de Youtube.

O seu humor pode resultar simplón para moita xente. Porén, as súas ideas surrealistas e as súas montaxes delirantes dan como resultado creacións inesquecibles. A ruptura de todos os códigos audiovisuais é algo clave ao falar de Venga Monjas. Esto é perfectamente patente en Da Suisa.

Da Suisa é unha serie de capítulos que pretende reconstruír a serie The Simpsons de memoria: sen guión. A ruptura coa teoría clásica é máis que clara ao estar ante un produto no que non se respeta o raccord, a improvisación e case absoluta e onde as tomas malas non se suprimen: todo vale.

Venga Monjas é, con Los Pioneros del Siglo XXI, un síntoma do xerme de novos realizadores vinculados a internet. Xunto con outras iniciativas, como Little Secret Film, están demostrando que a rede é o espazo perfecto para estas creacións que non son do gusto das grandes produtoras ou das canles de televisión. Como todas as vangardas, romperon coas normas clásicas e crearon un humor propio e radicalmente distinto.

Se tes curiosidade por saber quen son Venga Monjas recoméndoche ver as súas Noticias de Actualidad, os comentarios de Mª Jesús en Compañera Vuestra, a súa particular visión de Barcelona en Coneix la Teva Ciutat e, por suposto, o seu hit “La canción de la cafetería del Corte Inglés”.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *