Todo o que Disquecool pode facer por ti

Disque Logo 700Posiblemente moitos de vós vos preguntaredes que é o que facemos a xente que estamos detrás de Disquecool. Nunca nos gustou tanto que nos fixeran esa pregunta! Porque modestos, o que se di modestos, non somos (en fin, pensade que somos un portal que naceu coa vontade de dicir o que é disque cool en Galicia!) así que imos responder a esa intelixente cuestión falando, como diría Umbral, do noso libro. En Disquecool facemos unha chea de cousas. Podedes atopalas todas na nosa web corporativa, DISQUE, pero por se vos queredes aforrar un click velaí vai unha lista dalgunhas cousas coas que Disque(cool) vos podería axudar.

Community management e todas esas cousas raras do mundo de internet. Xa sabedes que somos un grupo de profesionais estupendos e marabillosos cunha ampla formación no mundo do xornalismo para a rede e todas esas cousas raras que acontecen nas vosas pantallas. Precisades de alguén que vos axude a montar a comunicación 2.0 da vosa empresa ou proxecto? Abristes o perfil en Facebook do voso negocio pero non conseguides fans? Buscas un community manager? Non vos preocupedes. Podemos axudarvos a conseguilo. Pero non só somos expertos en xestión de comunidades. Os nosos perfís profesionais son do máis diverso (somos renacentistas da rede: xa sabedes, tivemos que facer unha morea de cousas) así que tamén vos poderiamos botar unha man en temas de ecommerce, consultaría de imaxe online, deseño de páxinas web ou deseño de imaxe corporativa en internet.

–  Coolhunting. Queres saber o que se vai levar antes que a túa competencia? Pregúntanos. O do coolhunting é a nosa mesma natureza. Temos varios campos de especialización: non pensedes só en moda cando leades o de coolhunting. Pensade que nos últimos dous anos levamos adiantando tendencias en música, en literatura ou en tecnoloxía.

Comunicación e identidade de marca. A nosa aproximación a este campo de traballo cubre todos os aspectos precisos para construír unha boa imaxe de marca: podemos axudarte dende a establecer o deseño do produto ata a elixir o nome da marca ata a comunicación con medios ou á creación da biblia da túa marca.

Elaboración de contidos á medida. Queres facer un blog de empresa? Queres unha revista corporativa? Podemos elaborar contidos á medida.

Organización de eventos. Pouco máis hai que dicir. Queres un evento realmente cool? Xa sabes a quen lle tes preguntar.

Formación. Baixo petición, elaboramos cursos de formación de todas as áreas nas que sabemos en Disquecool, dende normas básicas para autoedición en ebooks ata xestión de redes sociais, crear un blog persoal, fotografía ou talleres de lectura.

Podes contactar connosco en info@disquecool.com ou vernos en persoa en Vigo ou en Santiago (e darémosche café).

Disque Web

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *