Xuño é a transición cara o verán: tardes de parque, anuncios de festivais, cambio de armario, as primeiras festas, e mil plans para a fin de semana (por exemplo, relaxarse na natureza nun destes cámpings).
Se o tempo acompaña, as terrazas tamén son as protagonistas deste mes, tan ateigadas nos días de sol que resulta complicado atopar sitio. En xuño falámosche de novas paradas nas rutas de viños e gastronómicas, algunhas de nova creación, outras reformulacións de auténticos clásicos, e recomendámosche lugares onde mercar roupa. Se perdiches estas lecturas, aínda estás a tempo. Aquí vai o máis lido de xuño.
5. Polbo e música independente na Romaría Pop de Belvís. Que é un verán sen un romaría? Na celebrada o sábado 16 no compostelán Parque de Belvís non faltaron o polbo e a música. Pero se estabas pensando en gaitas e pasodobres, equivocácheste. No seu lugar, unha selección de grupos da escena independente galega, e para acompañar, postos con roupa vintage e discos e unha morea de actividades para os máis pequenos. Toda unha festa co mellor da nosa tradición, pero cun novo enfoque. Os seus responsables, a asociación Desconcierto Cultural.
4. De compras por Vigo. Se es muller e mercas en Vigo, hai 5 tendas que deberías visitar, e máis aínda en época de rebaixas!
3. A nave de Vidán, comida nun entorno post industrial en Compostela. Sala de concertos, zona cultural, restaurante e café nun único espazo, as antigas naves que a ferretería Villaverde utilizou como almacén, antes de que quedaran abandonadas a finais dos anos 90. Unha nova alternativa para a oferta grastronómica de Santiago.
2. Oh la la! O París cambia de imaxe. Algunha vez intentaches completar o París-Dakar? Se o fas agora atoparás un inicio de etapa bastante cambiado. O emblemático bar París vén de reabrir as súas portas cun espectacular cambio de imaxe.
1. Kunsthalle: unha experiencia cultural diferente contra a crise. Desde logo xuño foi o mes das novas aperturas en Compostela! Á lista engadimos Kunsthalle, un espazo dinámico que ofrece ao seu visitante unha experiencia completa, unha mestura entre arte, música, deseño, gastronomía, deporte, arquitectura, e, sobre todo, diversión.
PLUS. Os festivais que veñen: xullo 2012. No mes que acabamos de iniciar a oferta é enorme. En Disquecool facémosche un resumo co mellorciño, para que non perdas o tempo e poidas dedicar as túas tardes a terracear, tomar o sol ou ler un bo libro.