Non o perdas! O mellor de maio

Maio é o mes no que os días comezan a ser longos, o sol comeza a quentar, un comeza a facer plans de cara ao verán e a felicidade comeza a instalarse (polo menos para os que amamos a praia).

Como en Disquecool non falamos da operación bikini percibimos ese maior interese polo aspecto físico en que en maio triunfou a categoría de moda. Aínda que decorar (o xardín), ir a festivais ou ler bos libros seguen a estar entre as nosas prioridades. En todo caso, se de tanto saír a gozar do sol perdiches algúns posts de Disquecool, hoxe podes recuperar algúns dos máis lidos.

5. Un clutch de Kafka. Olympia Le-Tan fai fantásticos bolsos sobre inspirados en portadas vintage de libros famosos. Fantásticos e carísimos, iso si. Compre acudir a Etsy a por algún clon.

4. American Pérez: o chic máis divertido ten denominación de orixe. Prendas femininas e con sentido do humor, inspiradas na estética das series e películas americanas é o que nos propón a marca de roupa American Pérez, creada polo porriñés Jorge Bolado e a catalá Natalia Pérez.

3. Bo Twist: vestir chic con nécoras e pementos de padrón. Camisas naif de corte baby con estampados da terra. Ani Desmonts e Elena Taboada explícannos desde Coruña en que consiste Bo Twist.

2. O top ten dos libros cool en galego. Repasamos algúns dos libros máis sorprendes, innovadores e cool da literatura galega e vós acudides como moscas ao mel. Quedamos coa espiña, debo recoñecer, de que ninguén nos propuxese outros libros galegos que merezan o cualificativo de cool.

1. Cans: pedazos de agro-glamour. Visitamos por primeira vez o Festival de curtas de Cans  e quedamos encantadas co resultado. Indubidablemente, non somos as únicas, por algo Cans é xa todo un referente.

PLUS. Tendencias en xardinería: recicla! Coa chegada do sol un non quere máis que encher a casa de flores e pasar o dia ao sol. Damos algunhas boas (e orixinais) ideas para decorar balcón, terraza ou xardín.

 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *