Non o sentes? Non tes ganas de encher a casa de flores e pasar o día deitado/a ao sol? Parece que a primavera xa está aquí (por fin!), polo que se aínda non o fixeches xa é hora de arranxar o teu balcón, terraza ou xardín. Aínda que non teñas moito espazo sempre hai solucións para aledar a ollada con flores e plantas ou facer agromar os teus propios tomates, herbas aromáticas e amorodos. Ademais estamos de sorte, porque as tendencias en xardinería que veñen baséanse en dous convenientes principios: a reciclaxe e o aproveitamento de espazos.
As latas, os frascos de cristal e as bombillas adquiren unha nova función albergando herbas e flores, e mobles vellos e palés reinvéntanse para acoller todo tipo de plantas. Unha clara tendencia é a utilización de caixas de madeira de froitas, viños ou refrescos para plantar leitugas, amorodos ou mesmo pementos de Padrón.
Para superficies pequenas a optimización de espazos manda. Aproveita as paredes para construír xardíns colgantes ou micro hortas. Incluso podes tirar partido do peitoril para colocar flores e herbas aromáticas.
RECICLA!
Nada que os galegos e galegas non teñamos inventado antes. Os mobles (cómodas, mesas…), poden ter moitas vidas, así que, por que non converter por exemplo unha vella cadeira nun testo?
Vía Shelterness
Reciclar un palé tamén pode ser unha boa idea. É barato e pode axudarnos a crear un xardín vertical coma este, aforrando espazo.
Os tarros de cristal, as latas ou incluso as bombillas tamén poden atopar o seu lugar no teu xardín.
Vía Dos Family
As caixas de madeira de froitas ou viños, especialmente cun aire vintage, son o máis in en xardíns. Trátase dunha solución ecolóxica e apta para pequenos espazos. O aspecto negativo é que non resultan nada doadas de conseguir, dado que hoxe en día a maioría son de plástico.
Vía Llh Designs
APROVEITA O ESPAZO!
Paredes, varandas, peitorís… Optimiza cada recuncho para crear ambientes verdes.
Vía Juneau Empire
Vía Hapiness is…
Vía House to Home
Foto portada | Happy Sleepy
Que bonitiño todo! quero unhas macetas de cores para a miña terraza!!
Eu teño isto na habitación http://mlkshk.com/p/FZ9U e isto na cociña http://mlkshk.com/p/FZA1 pendente de renovar prantación :)
Isto pode considerarse horta urbana? http://mlkshk.com/p/FZA3 :D