De compras por Vigo

Terra do BaolCo imperio de Amancio Ortega -e outros semellantes- campando ás súas anchas polas nosas cidades , ás veces parece imposible saírse de Zara, H&M e Blanco  á hora de mercar unha sinxela camiseta.

E xa non falo de conseguir roupa de autor, ou de levar a prenda máis orixinal do mundo, simplemente de ter acceso a marcas que non formen parte do ABC das grandes firmas, porque finalmente, se o que queremos é individualizarnos coa roupa, témolo bastante complicado. Na maioría de cidades atopamos tamén, iso si,  pequenas tendas que ofrecen outros produtos menos masificados. Normalmente fóra das principais rúas comerciais e con menos publicidade, poden pasar desapercibidas se non imos a posta.

Outra cuestión é a dos prezos. Ninguén pode competir con Primark, pero si é posible combinar os nosos básicos low-cost cun vestido un pouco diferente -e tamén alcanzable-. Agora que se achega a época de rebaixas, é boa idea buscar prendas de Kling, Titis Clothing ou Skunkfunk a prezos Inditex!

E onde buscalos? Se ves de compras por Vigo -e es muller- hai 5 tendas que deberías visitar:

1. La tarantina. López Mora 73

Trátase dunha tenda moi moi pequeniña con toda a roupa amontoada, pero na que podes atopar tesouros de marcas como Titis Clothing (moi fan!), Skunkfunk, ou Inoui. En xeral, roupa divertida con moitas cores e deseños orixinais. Tamén venden bolsos e complementos varios. E a chica que atende é encantadora!

2. Terra de BaolDr. Cadaval 21

O estilo é semellante ao da tenda anterior -con máis espazo, iso si- moda chea de cor de marcas coma Skunkfunk, Surkana, Baba Shop ou Noa Ecco. Tamén atopamos algunhas prendas de novos deseñadores como poden ser as camisetas de Nuvensesons.

3. Po Shop Concept. Urzáiz 40 (nas galerías X)

Esta tenda foi unha das primeiras en autodenominarse coma concept store en Vigo, o que xa da idea do estilo da roupa que atoparemos aquí, máis feminino e sofisticado, con marcas coma Divina Providencia, Denny Rose, Kling ou Pepa Loves. Agora mesmo están de liquidación, o que non fai presaxiar nada bo.

4. Cherries Boutique. Venezuela 15

De Cherries Boutique xa falamos no seu momento, porque non so vende unha roupa deliciosa, senón que a decoración está tamén moi coidada. Estilo naive e vintage con moita roupa de Kling e Pepa Loves. Ademais de roupa e complementos, tamén vende outros obxectos cool (desde auriculares a libros de arte).

5. Vilma. Velázquez Moreno 29 (nas galerías Durán)

Esta é unha tenda  máis grande e xa mítica en Vigo. Os escaparates son fantásticos, con unha vespa azul de atrezzo e vestidos, abrigos ou bolsos estilo lady cos que é imposible non soñar. Venden marcas coma Divina Providencia, Jocomomola, Dolores Promesas, Mimotica Micola e tamén deseñadores coma Josep Font ou Miriam Ocariz, pero os prezos xa suben máis que no resto de tendas da lista, advirto.

Foto | Terra do Baol

Shares

    8 comentarios

    • Aca di:

      Todas tendas muy chulas, peeero…. carísimas!!! que non sei que pintan neste blog!

      • Cris di:

        Si, as tendas son carillas, pero haberá quen poida permitirse esas prendas (e hai marcas e marcas, Kling é máis alcanzable que Pepa Loves, por exemplo).

    • maiko di:

      Hola eu tamen teño unha tenda de roupa e complementos personalidados en Vigo, Son todo pezas únicas, moitas pintadas a man…Q teño q facer par a sair nesta lista??

      • Cris di:

        Nós sempre estamos abertas a recibir información (podes enviarnos un email, por exemplo), pero a lista foi feita segundo os meus gustos persoais, entre tendas que eu xa coñecía.

    • Antía di:

      Confirmo o de Po Shop, estiven o venres e pechan a comezos de xullo. Os descontos que teñen, sobre todo en roupa Kling, son de impresión, fíxenme cun vestidio preciosérrimo por 19’90€.

      Vilma é unha fermosura, pero coincido coa que comenta antes… é excesivamente cara. De feito, na meirande parte dos ecommerces das marcas podes facerte coas prendas que elas venden a mellor prezo. Síntoo por elas, porque son amor.

      O resto non as coñezo, pasareime!!! :D

    • Fotografía de avatar Ana di:

      Engado unha: Carrit, en Gran Vía 17, tamén con todas esas marcas :)

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *