Confundindo aos transeúntes (por diversión)

FlashmobDivertirse en grupo. Ese é o primeiro e único obxectivo dos flashmob, eses movementos sincronizados de multitudes que tan de moda están desde hai uns anos.

A mecánica é clara. Xuntarse unha chea de descoñecidos nalgún lugar público. Facer algo inesperado. Confundir aos transeúntes. Dispersarse. Rápido, sinxelo, espectacular e con certo deixe artístico a happening.

O primeiro flashmob que se coñece (non frustrado) tivo lugar en Nova York en 2003, cando unhas 100 persoas xuntáronse arredor dunha alfombra nuns grandes almacéns dicindo (cada vez que se achegaba un encargado) que vivían todos xuntos e que viñan mercar xuntos a alfombra “do amor” porque todas as decisións as tomaban en grupo.

A organización dos flashmob realízase a través das redes sociais -suponse que se debe prescindir dos grandes medios de comunicación, pero dos que ocorren aquí podes enterarte previamente pola prensa-, e de feito veñen auspiciados polas posibilidades de organización que Internet facilita.

De todos os xeitos hai que ter coidado con este tipo de manifestacións grupais, porque en nada un inocente flashmob convértese nun smartmob (mobilizacións deste tipo pero con fondo de reclamación política ou social). O importante é enterarse entón de quen a convoca e por que. E é que a aparatosidade dos flashmob fan lóxico que se aproveiten para facer reclamacións de calquera índole ou mesmo para estender unha mensaxe publicitaria (o que coñecemos popularmente coma marketing guerrilla).

En Galicia xa temos vivido algúns flashmobs máis ou menos exitosos, como a guerra de almofadas de 2008, a sincronización vía MP3 dos movementos dun centenar de persoas en 2010, ou a conxelación simultánea de 2011,  todos en Vigo. Vigo será tamén o escenario, hoxe, dunha nova flashmob, moi parecida á do 2008.  ESN (Erasmus Student Network) organizará unha nova guerra de almofadas ás 22 horas na Praza da Independencia. E os que participaron na anterior aseguran que loitar con brandas almofadas é  liberador, entrañable, e moi moi divertido.

Foto | Harry Vale

Shares

    Etiquetas

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *