Papiroflexia nas orellas

Diego Ante: papiroflexia nas orellas

Que sería das nosas paixóns sen momentos de aburrimento nos que desenvolvelas? E se non, que llo digan a Diego Ante, quen recoñece terse entregado á papiroflexia para entreterse durante as longas horas de clases (pero so cos malos profesores) de enxeñería industrial.

“Un amigo ensinoume as figuras máis sinxelas de papiroflexia, e gustoume sobre todo o de facer miniaturas. Especialiceime niso, buscando en Internet nos meus ratos libres, e despois comecei a investigar como facer que as miniaturas perdurasen, probando a meter os papeis en diferentes sustancias para endurecelos. De aí a facer xoiería con eles foi un paso“, explica.

Ese foi o xerme de Joyas de papel, unha marca de complementos artesanais realizados en papel pregado e prata de lei que naceu oficialmente hai un par de anos, aínda que as primeiras pezas son moito máis antigas: “os primeiros foron os pendentes paxarela, creados hai 12 anos”.Niñas repollo

Desde entón, a colección creceu con xoias de todo tipo: pendentes, colares, pulseiras, broches, aneis… e tamén con novos produtos ilustrados pola súa irmá Begoña Ante, como camisetas, espelliños ou outras xoias, protagonizadas polas “niñas repollo”.

Como é o proceso de creación dunhas xoias en papel? Pois hai diferentes vías: ou ben buscar modelos de papiroflexia que existan e sexan fáciles de miniaturizar, ou ben facer figuras soltas tratando de crear novas formas, o que resulta moito máis laborioso. O que tentan facer agora e seguir a filosofía da moda (dúas coleccións diferentes ao ano) e buscar un hilo condutor da colección.

Así xordeu a serie “Valor añadido”, na que todas as xoias están creadas con papel real de billete , ou ben de billetes de Broche bolboreta de Joyas de papelcen pesetas dos anos 70, ou billetes dun dólar. Ademáis, no caso dos billetes de cen pesetas, todas as figuras menos unha (a camisa) están inventadas por Diego. “Estou especialmente orgulloso da miña bolboreta”.

Non é a primeira vez que utiliza para as xoias un papel particular: “sírveme calquera papel que se poida dobrar, que non sexa moi gordo”. Ten usado xa papeis de chuletas (de exames) para facer pendentes, papeis tintados a man, papeis xaponeses con estampados tradicionais, papeis de revistas,  e ata papiros exipcios para dúas ou tres pezas.

A orixinalidade da súa proposta, facer xoias de papel a través da papiroflexia, permitiulle ser un dos seleccionados este ano no showroom Ego Mercedes-Benz Fashion Week Madrid 2012 (Cibeles). “Ser seleccionado é xa case un premio, porque so collen a dez artesáns de toda España”.

Polo demais, nun par de meses Joyas de Papel presentará a súa nova colección  con catro ou cinco ilustración Joyas de papelnovas de Begoña  “xa están abocetadas e algunha é moi divertida, cando a vin, estiven un bo rato rindo” e liña de complementos completa. “Pero aínda non podemos dar moitos datos porque estamos xusto agora en pleno proceso de selección e descarte“.

Para comprar as complementos de Joyas de papel podes acudir a súa páxina web, con tenda online, ou visitar algunha das tendas que venden os seus produtos. En Galicia podemos atopalos en Estilo Aramar en Pontevedra, e esperan que pronto nalgunha tendiña máis. Os expatriados en Madrid, que saibades que o tedes moito máis fácil. E tamén nas feiras, claro, porque Diego non para: “Os artesáns maiores botan as mans á cabeza cando coñecen as miñas rutas de feiras, que vou por toda España, pero para min é a mellor maneira de promoción. Para as tendas é difícil apostar por algo novo nestes tempos, e este é o mellor xeito de ser coñecido polo público e por eles”.

Fotos | Disquecool, María Villar e Joyas de papel

Shares

    Etiquetas

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará