“She loves you, yeah, yeah, yeah”, dixeron The Beatles, e o mundo enteiro quedou boquiaberto. Uns para admirar en silencio, outros para lanzar gritos histéricos, pero os fabfour cambiaron o panorama do pop para sempre. Poucos anos despois Los Bravos fixeron a súa aportación á poesía do pop. “Black is black, I want my baby back”.
Pero nin os Beatles foron os primeiros en cantar as letras máis sinxelas sen ruborizarse, nin Los Bravos os primeiros en adoptar unha lingua que parece ter sido inventada para facer rimas fáciles dignas de rapaces de primaria (e que queden ben). A moda de cantar en inglés vén de moi lonxe e continúa nos nosos días con grupos de todo o planeta. A vantaxe? O salto ao mercado internacional é máis sinxelo.
En Disquecool, non obstante, preguntámonos se de verdade é o inglés o idioma do pop ou se é posible facer boas cancións tamén noutras linguas. Ao castelán e oa galego xa estamos afeitos, e aceptamos as letras con certa alegría. Pero, como soa o pop sueco en sueco? É posible cantar algo doce en alemán? Hai cancións pop en xaponés que non soen a tema principal de debuxos animados? Existe o indie en afrikaans?
Froito desta curiosidade, tomamos unha decisión: adicar cada dúas semanas unha entrada a presentarvos o pop que se fai noutros países noutros idiomas, e darlles así unha oportunidade extra a todos eses valentes que se atreven a darlle as costas á lingua de Shakespeare The Beatles. Por suposto, con listas en Spotify!
Este é tan só un post de presentación, pero deixámosvos xa unha primeira selección das nosas cancións favoritas non cantadas en inglés. O primeiro artigo real será o vindeiro venres 29 de xullo… con que lingua queredes que empecemos? Aceptamos retos e suxerencias ata este venres!
Foto | Sean Loyless
Unha playlist en swahili tería o seu aquel, pero quedaría demasiado tribalista e afropop :D
Mentres preparades ese especial, pregunto: ¿hai cancións en esperanto?
Uhh… acabas de lanzar un gran reto! A buscar cancións en esperanto!! :D (acéptanse suxerencias, claro ;))
eu propóñovos pop Indonesio e por se pedides papas:
http://hujanrekords.wordpress.com/
http://yesnowave.com/
http://inmyroom.us/
…
Grazas! Somos (son) moi fans do pop indonesio :D