Feliz día das Librarías!! Unha xornada para celebrar á túa libraría favorita

Día das Librarías

É posible que todas as lectoras teñamos unha libraría favorita, aquela que por unha razón ou por outra é a que favorecemos cando imos mercar libros. Para celebrala e para celebrar a todas as librarías, hoxe é o día das Librarías.

A xornada é unha festa creado pola propia industria do libro. Ten detrás á  Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (CEGAL) e está apoiada pola Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura e Deporte. A festa entrou no calendario en 2011, cando as librerías querían contar cunha “xornada festiva e de portas abertas” preto do comezo da campaña de Nadal e que axudase a presentar ás librarías como “espazos próximos e modernos”.

Este ano, ademais, a celebración, como explican no comunicado de CEGAL no que a presentan, é unha conmemoración do traballo das librarías e unha reivindicación no medio do mundo que está deixando o coronavirus. “Na primavera, en pleno peche, ninguén imaxinaba que a estas alturas do ano estariamos cunhas perdas anuais do 25%”, apunta na nota de prensa o portavoz de CEGAL, Álvaro Manso. A festa ten, por tanto, este ano un cariz un tanto máis militante que outros anos, apoiando a loita das librarías por seguir abertas e agradecendo tamén, explican, o apoio recibido polo sociedade.

Aínda que este ano o programa vén marcado polas medidas de distancia social e as limitacións que existen en moitas comunidades autónomas, as librarías organizaron unha serie de actividades para a xornada, como paseos literarios, descontos, presentacións e seleccións especiais de libros. Na web do día está o listado (e si, é un listado un tanto cativo, pero este é un ano raro).

Sexa como sexa, a xornada permite ter unha escusa extra para mercar libros, visitando unha libraría ou sen saír de casa. As librarías independentes acaban de presentar Todostuslibros, a súa propia plataforma de venta de libros online, para competir coas grandes do ecommerce. Algunhas librarías, como Follas Novas de Santiago ou Abrente de Bueu, teñen as súas propias tendas na rede.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *