disquecool - O medio de tendencias made in Galicia
  • Arte&Deseño
    • 4 exposicións que podes ver antes de que remate o mes e con entrada de balde
      4 exposicións que podes ver antes de que remate o mes e con entrada de balde
    • Xa temos cor do ano para 2022, a Pantone 17-3938 Very Peri
      Xa temos cor do ano para 2022, a Pantone 17-3938 Very Peri
    • Unha axenda de cousas cool para o mes de setembro
      Unha axenda de cousas cool para o mes de setembro
    • Street Art
    • Marketing
  • Escenas
    • Unhas cantas series para levar mellor a fin do verán
      Unhas cantas series para levar mellor a fin do verán
    • Unhas cantas cousas para facer neste mes de xuño
      Unhas cantas cousas para facer neste mes de xuño
    • «This Is Going To Hurt»: unha defensa da sanidade pública que, si, doe
      «This Is Going To Hurt»: unha defensa da sanidade pública que, si, doe
    • Cine
    • Teatro
    • Televisión
  • Estilos de Vida
    • Que facer este mes de agosto: plans para a axenda de ocio
      Que facer este mes de agosto: plans para a axenda de ocio
    • 5 xeados para sobrevivir á calor deste verán
      5 xeados para sobrevivir á calor deste verán
    • Pontevedra e Lugo son os novos destinos de moda
      Pontevedra e Lugo son os novos destinos de moda
    • Cosmética&Perfumería
    • Viaxes
    • Gourmet
    • Vida Aquelada
  • Letras
    • Por que tes que ler Persuasión xa mesmo
      Por que tes que ler Persuasión xa mesmo
    • Disquepresentación literaria: imos falar de «Noticias da modernidade» en Instagram!
      Disquepresentación literaria: imos falar de «Noticias da modernidade» en Instagram!
    • 3 retos de lectura para 2022
      3 retos de lectura para 2022
  • Moda
    • As bonecas Bratz son a nova icona de estilo en moda (de verdade)
      As bonecas Bratz son a nova icona de estilo en moda (de verdade)
    • Vestir Épocas: cen anos de historia da moda
      Vestir Épocas: cen anos de historia da moda
    • Calcetíns do Xabarín Club, merchandising nostálxico para levar nos pés
      Calcetíns do Xabarín Club, merchandising nostálxico para levar nos pés
    • Zapatos
    • Street Style
  • Música
    • Vídeos para a semana: guía de Belle and Sebastian para non iniciados
      Vídeos para a semana: guía de Belle and Sebastian para non iniciados
    • The Cultural Borders of Songs: percorrer o mundo de hit en hit
      The Cultural Borders of Songs: percorrer o mundo de hit en hit
    • 4 cancións para cantar mentres lavas as mans (que tamén valen cando marche o coronavirus)
      4 cancións para cantar mentres lavas as mans (que tamén valen cando marche o coronavirus)
  • Tecnoloxía
    • Doomscrolling: por que non podes deixar de ler malas noticias en redes sociais
      Doomscrolling: por que non podes deixar de ler malas noticias en redes sociais
    • A eurovisiva canción coa que Vietnam lembra lavar as mans contra o coronavirus
      A eurovisiva canción coa que Vietnam lembra lavar as mans contra o coronavirus
    • Os móbiles con tapa volven
      Os móbiles con tapa volven
    • Social Media
    • Análises
  • Longform
    • Fotos para a fin de semana: Unha viaxe no tempo polas praias de Galicia
      Fotos para a fin de semana: Unha viaxe no tempo polas praias de Galicia
    • Temos que falar d’ Unha rapaza prometedora
      Temos que falar d’ Unha rapaza prometedora
    • Margot Sponer, investigadora na Galicia de 1926
      Margot Sponer, investigadora na Galicia de 1926
Por Raquel C. Pico Arte&Deseño28/04/2014

Por que precisas escribir un diario?

diario

Posiblemente cando alguén che fala de escribir un diario, pensas inmediatamente en preadolescentes con diarios con candadiños (que seguro que os seus pais son capaces de abrir cunha pinza do cabelo – o que seguramente os faga sentir como axentes especiais dalgún serie da televisión – para espiar os seus secretos) ou en mulleres de vidas aburridas do pasado moi pasado que agora son publicados en complexas edicións anotadas (por que as notas a pé de páxina son agora notas ao final do capítulo ou no final do libro?). Pero o certo é que un diario é algo máis que todo iso. Pode ser a chave para a túa creatividade. Iso é o que recomenda, entre outras cousas, Austin Kleon no seu provocador libro (é ou non é atrevido o seu título?), Steal Like an Artist: 10 Things Nobody Told Me About the Creative Life, que en castelán foi publicado hai uns anos como Roba como un artista .

Kleon recomenda manter un caderno de bitácora, que se cadra é un termo máis axeitado. Non se trata de escribades sobre o mal que vos levades cos vosos pais, o moito que vos mola X (que por suposto non vos fai caso, que para iso é unha historia amorosa de diario!) ou as vosas derivas narcisistas. Non. “Tal como precisas unha gráfica para os eventos futuros (outra recomendación), necesitas unha para os pasados”, apunta. Non tes que facer dramáticas reflexións, senón escribir en que estás traballando, a onde fuches comer ou a peli que viches no cine, indica, porque todos eses pequenos detalles servirán para que no futuro podas recordar os grandes e funcionarán como unha sorte de madalena de Proust que acelerará o teu cerebro (e a túa creatividade).

Pero por suposto levar un diario non é máis que unha mínima parte das recomendacións que fai Austin Kleon en Steal like an artist para como conseguir ser creativo (e non morrer de desesperación no intento). A primeira é, como indica o título, a de esquecer que temos que atopar grandes ideas e moitas cousas novas porque os artistas non inventan nada… en realidade rouban. Todo está inventado. Os artistas, as persoas creativas, asegura, van collendo de aquí e de alí e o resultado final é esa cousa marabillosa que son as obras. E como hai que ir roubando alí a acolá, o mellor é ter sempre enriba algo que nos permita anotar. Un pequeno caderno servirá.

Ese é o primeiro paso para ser un escritor, un deseñador, un artista. Un dos segundos é o de mentir ata que chegue o momento. O importante é a pose!!! Non es nin un escritor, nin un deseñador, nin un artista… pero non importa. Tes que dar a impresión de que xa o es. E a conversión nun deles chegará ao final. Finxe ser ata que o sexas.

Outros consellos para conseguir ser creativo son o de separar o mundo dixital do analóxico e non esquecer nunca a ese último (Kleon ten no seu estudio dúas zonas separadas: a do ordenador e o techie e a do papel  e os bolis), deixar a casa (porque nada nos fai espertar máis que andar en contacto cos outros) ou non deixar o traballo (porque se non tes con que mercar para comer, malamente poderás ser creativo).

Foto Magic Madzik

Shares
  • Bio
  • Últimos posts
Raquel C. Pico

Lectora entusiasta (e si, tamén de bestsellers pouco intelectuais ;) ) e xornalista. Escribo sobre moitas cousas en Disquecool e sobre libros e cousas literarias en Librópatas. Podes atoparme en @raquelpico , en GoodReads e en raquel@disquecool.com

  • Website
  • Twitter
  • LinkedIn
Últimos posts de Raquel C. Pico
  • Unhas cantas series para levar mellor a fin do verán
  • 5 xeados para sobrevivir á calor deste verán
  • Por que tes que ler Persuasión xa mesmo

Tamén che pode interesar

4 exposicións que podes ver antes de que remate o mes e con entrada de balde

Xa temos cor do ano para 2022, a Pantone 17-3938 Very Peri

Unha axenda de cousas cool para o mes de setembro

Villa Pilar e os misterios de Pontevedra: así desvela a Semana do Patrimonio Invisible os secretos das cidades galegas

O boneco de peluche do coronavirus xa existe

Fotografías para capturar a experiencia de vivir nos tempos da pandemia

The Vagina Museum: o museo que rompe tabús e mitos sobre as vaxinas

A cor do ano 2020 é un azul escuro de toda a vida

Preencher Vazios, street art con azulexos

Etiquetas

autoaxudacreacióncreatividadelibrosSteal like an artist

Comparte en

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google +
  • LinkedIn
  • Email
AnteriorQuen é cool? Una exposición estadounidense dá 100 propostas
SeguinteMorramos de amor: Miyazaki en 8bits

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

publicidade

O máis lido

  • 10 poemas galegos que se converteron tamén en cancións
  • 5 cafeterías de Vigo perfectas para traballar
  • Novelas cool: Liberdade, de Jonathan Franzen
  • Ruth Matilda Anderson, fotografando Galicia no 1924
  • 6 libros da literatura galega que non coñeces (e deberías)
  • Ciranda, unha libraría para achegarse ás letras en portugués
  • Fluzo: “A música folk é un invento dos hipis”
  • A prodixiosa escritora que era quen de escribir 12 cartas á vez
  • As xoias de cortiza son tendencia en Portugal (chegarán tamén aquí?)
  • Por que tes que ler Persuasión xa mesmo
  • Disfraces para culturetas
  • Margot Sponer, investigadora na Galicia de 1926

Longform

  • Fotos para a fin de semana: Unha viaxe no tempo polas praias de Galicia
  • Temos que falar d’ Unha rapaza prometedora
  • Margot Sponer, investigadora na Galicia de 1926
  • Probamos Apple TV+ para que ti xa non o teñas que facer
  • Por que é o momento de reivindicar (de forma non irónica) as Spice Girls
  • Defred fala galego
disquecool
Ad

Disquefichas

  • Disqueficha: Iria Misa
  • Disqueficha: Ólöf Arnalds
  • Disqueficha: Miguel Noguera
  • Disqueficha: Chris Geddes (Belle & Sebastian)
  • Lady Lamb the Beekeeper cubre unha disqueficha
    Disqueficha: Lady Lamb the Beekeeper
  • Torres cubrindo unha disqueficha
    Disqueficha: Torres
  • Anna Terheim - Disqueficha
    Disqueficha: Anna Ternheim
  • Entrevista Trampoline
    Disqueficha: Trampoline
  • Disqueficha: Manolito de Niño y Pistola
    Disqueficha: Manolito de Niño y Pistola
  • Nacho Escolar enchendo a súa disqueficha
    Disqueficha: Nacho Escolar
disquecool

Disquecool é o primeiro medio de tendencias made in Galicia, no que falamos de música, letras, estilos de vida, tecnoloxía, marketing, moda ou arte e deseño. Disquecool apareceu en maio de 2011 na rede! Coñece máis sobre nós.

Licencia Creative Commons

Obra baixo licencia Creative Commons BY-NC-SA

Aviso legal e privacidade
Política de cookies
Deseñado por Simbolóxico e Vertixe

Feito con ♥ en Galicia
Arriba
Usamos cookies propias e de terceiros para ofrecer unha mellor experiencia de navegación. Máis información na nosa política de cookies.
Ok
x
Shares