Quen é cool? Una exposición estadounidense dá 100 propostas

Que é cool? Esa é unha pregunta que a nós nos fan moito e que sempre tratamos de esquivar. Non é fácil definilo,  e deixamos que o concepto siga a gravitar nunha asunción de significado compartido. Basicamente, que cool é o que a xente cre (cremos) que é cool.

Frank H. Goodyear III e Joel Dinerstein esforzáronse un pouco máis, tratando de desentrañar non o que é cool, mais quen é cool. O resultado é unha exposición que está a ter lugar na National Portrait Gallery de Washington, D.C. e que leva por nome ‘American Cool’. Alí atopamos 100 fotos de 100 figuras estadounidenses moi recoñecibles que representan, para os comisarios, a esencia do cool, e que eles definen como algo asociado á rebeldía, ao misterio e ao cambio.

De feito, todas as personaxes elixidas cumpren catro premisas: unha visión artística ou orixinal que se establece a través dun estilo persoal, no que é imposible separar personalidade e aparencia, ser percibidos, nun momento histórico e cultural concreto, como rebeldes, ser moi coñecidos, e ter deixado un legado cultural recoñecido. O primeiro (cronoloxicamente) deses 100 nomes é o de Walt Whitman, e o último o de Johnny Depp, pero inclúe músicos como Bob Dylan, Kurt Cobain, Johnny Cash ou Patti Smith, actores como Audrey Hepburn, Lauren Bacall, Marlon Brando ou Gary Cooper, directores de cine como Quentin Tarantino ou John Cassavetes, escritores como Ernest Hemingway, Jack Kerouac, Susan Sontag ou Hunter S. Thompson, artistas como Jean-Michel Basquiat, deportistas como Muhammad Ali ou empresarios como Steve Jobs. Poder ver a lista completa aquí, e ata teñen unha lista alternativa con persoas sobre as que están a debater se merecen ou non o cualificativo de cool.

Na galería podes ver algunhas das fotos da exposición.

Quen cres que debería aparecer nunha exposición que se chamase ‘Galician cool’?

Shares

    2 comentarios

    • Alberto Vázquez Agrelo di:

      O primeiro da lista para min tería que ser Wladimir Dragossán.

      • Rafael Angel Pintos Mendez di:

        Moitas grazas pola sua atención, sintome moi honrado pola apreciación que me fai.
        Un cordial saludo.
        W D.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *