Hai algo máis retro e fermoso ca unha máquina de escribir? A nós gústanos ata escribir nelas, como vos amosamos o pasado Culturgal, pero sabemos que en plena era de ordenadores e teclados nos que só hai que acariñar as teclas para escribir, ter que dar golpes nunha Olivetti semella máis romántico que práctico. Os nosos dedos están xa demasiado febles. Significa isto que debamos deixar que as nosas vellas máquinas de escribir collan pó nalgún recuncho da casa? Ou, aínda peor, debemos tiralas ao lixo? (e a que contenedor?). Claro que non!
Unamos paixóns: máquina de escribir, DIY, reciclaxe. Poñamos un pouco de imaxinación: que farías coas máquinas de escribir, máis alá de deixalas como sinxelos elementos decorativos para a túa casa? Que novo uso lles darías? Falamos de reciclaxe ou, como está de moda dicir agora, upcycling, darlle un novo uso a algo antigo facendo así que gañe valor. Aquí van unhas cantas ideas de novos usos para esas máquinas de escribir nas que xa non escribe ninguén.
- Máquinas de escribir como suxeita-libros. Só se tes moito espazo.
- Que sigan servindo para escribir: libro de visitas nunha voda ou outra festa.
- Para todos os que vos adicades á pintura.
- Podes coller moitas máquinas de escribir e transformalas nunha obra de arte.
- Xenial :)
- Máis formas de facer arte.
- Botas en falta un teclado físico para o teu iPad?
- Para dar luz.
- A nosa favorita: deixa que as plantas e flores crezan na máquina de escribir!