Xa sabedes que somos moi fans das librerías. Que despois se lean libros ou non é case o de menos, encántanos a sensación de estar rodeadas deses produtos case máxicos, de promesas de felicidade (ou decepción) aínda por descubrir, de historias apaixonantes, reais ou imaxinadas. Mellor aínda, por suposto se a librería foi creada nalgún lugar estrambótico, ou se conta con vellos andeis de madeira e un (tamén vello) libreiro con lentes. Pero hoxe en día, conformámonos con entrar en calquera sitio atestado de libros ( a librería do Corte Inglés non conta, claro).
Cando a unha cousa xa bonita como é unha librería súmase unha boa campaña de publicidade, o resultado é fantástico. Aquí tes 12 anuncios impresos que botan man das posibilidades dos libros (como obxecto físico ou mental) e de moita creatividade para dar a coñecer diversas tendas de libros.