5 librerías en lugares inesperados

Non hai librería fea. Ata a máis sinxela, ata a máis pequena, ata a máis funcional, ten algo especial. Os libros son un obxecto cotiá e ao mesmo tempo de coleccionista que lle dan un toque cool a aló por onde pasan. Iso é innegable.

Pero o que si hai son librerías excepcionalmente fermosas, e entre elas, destacan as tendas de libros con personalidade propia. Referímonos a aquelas que tomaron lugares que non parecen, en principio, ter sido pensado para elas. Falamos de librerías ao aire libre, ou en medios de transporte ou mesmo en edificios consagrados a outro fin.

Aquí van 5 das nosas favoritas.

1.  Honesty

Honesty

Hay-on-Wye é unha aldea de Gales con menos de 2000 habitantes e 38 librerías (non está nada mal). O seu turismo vive diso. E entre esas 38 librerías hai unha de segunda man que se sitúa ao aire libre, xusto ao carón das murallas do castelo.  É a librería Honesty, na que podes coller os libros libremente e, para pagar, contas cunha caixiña que si “Págase aquí”. Todos os libros custan entre media libra e unha libra, para evitar tentar en exceso aos clientes.

2. La caverne aux livres

La caverne aux livres

Trátase dunha librería situada na vella estación postal de Auvers-sur-Oise e en dous dos antigos vagóns de tren. Tamén se trata dunha librería de segunda man, onde os libros repousan sobre armarios de clasificación do correo, portaequipaxes e mobles decrépitos.

3. Ateneo Grand Splendid

ateneo grand splendid

Trátase dunha librería localizada nun antigo teatro de Bos Aires, conservando a arquitectura orixinal do espazo (cos seus palcos e o seu escenario), pero readaptando a funcionalidade. Segundo o xornal The Guardian, é a segunda librería máis bonita do mundo (a terceira a temos moito máis preto, en Oporto).

4. Word on the water

word on the water

Trátase dunha barca chea de libros que viaxou durante nove meses polos canais londinienses, parando, por exemplo en  Camden Lock, Angel, Hackney ou Paddington. Vendía libros de segunda man, programaba eventos e ata contaba cun café.

5. Waanders In de Broeren

waanders in de broeren

Esta librería situada no norte de Amsterdam ocupa o que antes era una igrexa do século XV. Aínda que no norte de Europa é habitual ver igrexas reconvertidas en todo tipo de locais (mesmo discotecas) , esta tennos especialmente fascinadas. Un templo do saber que realmente merece o nome.

Fotos | 1, 2, 3, 4, 5

Shares

    Etiquetas

    4 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *