Anuncios para procrastinar na fin de semana: SuperBowl

anunciossuperbowl

Non vos imos dicir quen gañou na final da SuperBowl. A alguén realmente lle importa iso? E, si, posiblemente nunca na vida mercaredes nalgunhas das tendas ou das marcas que vos vamos poñer a continuación. Pero a SuperBowl é o evento por excelencia da televisión estadoundense e os seus anuncios os máis esperados do ano (e os máis caros). E a miles de quilómetros tamén acabamos facendo click e consumindo toda esa información publicitaria.

– Un programa para facer a declaración de impostos. Si. De verdade. Posiblemente este anuncio mereza que nos poñamos en pé e aplaudamos. Seino, non é o mellor anuncio da historia. Pero… que farías ti, mente creativa, se tiveses que publicitar o programa PADRE?

– Coca – Cola. Non esquezades que estes anuncios están pensados para o público dos Estados Unidos. E si, a nós isto danos un pouco de aquel… pero está nos top o que sexa dos medios estadounidenses.

– A volta de Pais á forza. Xa sabedes que o vintage mola. E a recuperación do retro é tendencia. E os 80 e os comezos dos 90 xa son historia… e vintage!! Sabemos que é terrible, pero a nostalxia está a traer de volta ás cousas que estaban de moda entón. Como as teleseries familiares. E si, confiamos en que a trama do anuncio sexa tamén de xeito consciente un calco das da época (e non que o iogur grego busque unha imaxe así de tópica).

– Alf. Quen sabe quen son esta xente? Nin nos importa. O que importa é que no anuncio aparece Alf. E os 80 claro.

Amor sen barreiras. Este é o anuncio que tivo máis éxito (xa sabedes, social media, declaracións de amor, etc) dos emitidos na pausa da Superbowl. É unha historia ñoña de amor entre un can e un cabalo. Vai xa case polos 45 millóns de visionados en YouTube.

– Pode causar pesadelos. Este anuncio tamén está nas listas dos favoritos dos medios de EEUU. O medo ao compromiso e un can que dá moito medo para vender Audi.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *