Vídeos para a fin de semana: os anuncios máis virais de 2014

Quen saberá cal é o misterio para converterse nun viral? Haber hai algunhas pistas sobre as cousas que triunfan e os camiños para facerse viral están máis ou menos estudados (claro que seguilos non asegura o éxito inmediato). Os anunciantes, por suposto, só aspiran a que os seus anuncios o sexan e os espectadores estamos bastante abertos a compartilos cando teñen o que hai que ter para selo (ai! Dumb Ways to Die!!!), por iso sabemos que esta lista vai chegar ao voso corazonciño. Velaquí van os anuncios máis virais de 2014 (a lista está baseada en veces que foron compartidos en social media e non en visionados de YouTube). Dádelle as grazas a Unruly Media (e a Adweek por publicalo).

1. Activia

Vale, estes xogan con trampa porque o seu anuncio é o videoclip da canción da Shakira. E non, o iogur non aparece en ningún momento pero… non sabedes o que son esas cariñas sorrintes que todos pintan no seu corpo? Efectivamente.

2. Devil Baby Attack

Se algunha vez vós tamén fostes mirados con horror por dicir o que todo o mundo pensa pero non se atreve a dicir (non, non todos os bebés son bonitiños. Hai algúns que non chegan nin a riquiños), este anuncio será a vosa vinganza co mundo. Campaña viral con cámara oculta que sorprendeu aos de Nova York nas rúas.

3. Puppy Love

De todos os anuncios que nos deixou a Super Bowl neste ano, este non era o noso favorito (veña, vale, non era o meu favorito: na redacción de Disquecool tamén hai persoas con sentimentos polas mascotas, aínda que dubido que sexa o seu favorito). O seu éxito viral demostra, posiblemente, que o mundo está escorado cara o lado do ñoño.

4. World’s Toughest Job

Un posto de traballo para ser director de operacións agocha algo que todos sabemos pero que non sempre lembramos

(Pode que tamén sirva como campaña disuasoria para que a xente non teña fillos)

5. First kiss

Isto é o que pasa cando lle pides a uns cantos estraños que se biquen. Por certo que a xente non se decatou, ao principio, que era un vídeo feito por unha marca.

Shares

Etiquetas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará