6 exemplos de packaging orixinal de leite

Vale. Se cadra a culpa é do Xabarín Club. Ou de Larsa, para que nos vamos enganar, que era que puxo a pasta para que crearan esta fermosa canción. Pero seguro que todos e cada un de vós cando eu vos diga que o leite…. encheredes o oco con mola! Porque si, o leite mola, aínda que non todas as marcas acaban de velo. Aí está o inquietante neno do leite Solar, ao que lle pintaron a mala fe as bochechas de encarnado. Ou o gandeiro retro-arquetipo de Cremosita. Aceptamos Río, porque é un clásico, aínda que no packaging de leite é posible facer moitas cousas diferentes ás de sempre. Velaí van uns cantos exemplos de packaging digno do de que o leite mola.

1. Feiraco

Gústanos que Feiraco faga edicións especiais (e dende aquí, amigos de Feiraco, tamén me gusta moito o pen drive que tedes que é unha vaca), porque fai que mercar leite sexa un pouco máis especial, ademais do afán de coleccionista de saber que hai un cartón especial e que tes que facerte con el. Os cartóns de Entroido son xa un clásico, aínda que a compañía ten outros produtos lácteos que tamén teñen un packaging interesante. Os batidos de chocolate apostan pola corrente do riquiñismo.

feiraco batido

Larsa2. Larsa

Eles tamén apostan polo buenrollista e os seus cartóns de leite están cheos de mensaxes optimistas e positivos. O que nos gusta é que conseguiron darlle un toque retro a algo con tan pouco potencial para iso como é un tetrabrick.

3. Proxecto de estudante 

Este packaging non é en realidade unha marca de leite que chegara ao mercado, senón un proxecto de estudante. Pero ten moitas cousas boas: é sinxelo e é francamente cool.

leite proxecto

4. Hattomonkey 

Este packaging é o traballo duns deseñadores rusos, que lles fixeron un empaquetado para o leite que fora natural e estivera próximo ao consumo diario. E o que se lles ocorreu foi isto. Non, non hai que poñer vacas en todo cartón de leite.

leite

hattomonkey

5. Novelia

Pero postos a poñer vacas que sexan riquiñas. Este packaging é dunha marca de Kaliningrado (e non é nada soviético).

novelia

6. Lewisburg

Pode molar polo menos un pouco o leite de soia? (recoñecede que rico rico non está). Esta é a proposta dunha pequena granxa que produce soia en Estados Unidos e cun packaging moi atractivo e moi antiga leitería familiar.

leite soia

 

Vía 1, 2, 3, 4,  5, 6,

 

 

 

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará