Durante catro anos, Ahae, un misterioso milmillonario de Corea do Sur, asomaba cada día pola fiestra do seu estudio, nun antigo hangar en desuso, e facía fotos do que vía do outro lado. Capturou as estacións, os paxaros que voaban pola zona, os animais que asomaban, a chuvia, a neve… Tirou 2,6 millóns de imaxes, dunha estraña poética. Porque todas as fotos son do mesmo sitio, da mesma vista, e todas están feitas dende a mesma ventá. Ahae pasou o día a mirar, sen alterar o entorno natural para non contaminar as vistas (nin sequera puxo aire acondicionado, a pesar do moito calor do verán en Corea, para non modificar o que a natureza tiña que ofrecerlle) e tirando fotos (entre 2.000 e 4.000 cada día), que procesaba nun laboratorio instalado na súa propia casa (aínda que, como amante respectuoso da natureza que é, Ahae non se permite nin unha sola modificación: nada de modificar as cores ou de recortar a imaxe para centrarse no que lle interesa). Ahae traballou con 40 cámaras dixitais e con varios zooms.
As obras de Ahae son as protagonistas dunha exposición no palacio de Versalles, onde pasarán o verán. Como explicaba o seu fillo na presentación da exposición (Ahae nunca vai ás súas exposicións e continúa en Corea traballando no seu proxecto), o que busca o inesperado artista é transmitir que a arte está realmente na natureza. Só hai que observala para velo. E, claro está, unha vez que se ven as imaxes, se comprende a idea e se analiza o que Ahae está a dicir a mensaxe está clara: a natureza debe ser preservada. “Esta exposición é un grito silencioso contra o cambio climático e a nosa mentalidade”, di o seu fillo, Keith Yoo, no Financial Times. “Do mesmo xeito que a aparición das engurras na nosa cara é un proceso lento que ocorre cada día e do que non es consciente, non nos decatamos do que estar a pasar nos nosos xardíns”.
Foto | Château de Versailles