Mobles decorados con street art

dudemanSe algo estamos aprendendo sobre a street art é que non é unicamente o que pode parecer a primeira vista. Non se trata só de pintura sobre a parede, por así dicilo, e a súa influencia está indo moito máis alá. E ademais, a medida que a street art comeza a ser máis popular e máis coñecida polas masas, por así dicilo, comezan a aparecer novos produtos derivados. Se xa hai ata vinilos para parede baseados nas obras de Banksy, por que non ía ser a arte na rúa materia para outras cousas? É o que acontece con Dudeman, un artista urbano do Canadá que fixo da súa obra na rúa a materia prima para a decoración de mobles.

O que fai Dudeman é converter aqueles mobles clásicos, deseños pasados de moda (si, posiblemente vintage…) nun novo produto máis contemporáneo grazas aos estampados e aos deseños que emprega na rúa. Así, as cómodas da avoa son de súpeto espazos coloristas grazas aos graffitis, os armarios énchense por dentro e por fóra de gotas de cor e os aparadores viven outro tanto.

Pero non só reconverte mobles, tamén adapta a interiores os seus deseños para encher cunha galería de cor a parede do cuarto ou a do xardín, como mostran os exemplos publicados por DeMilked.

Fotos| Dudeman

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *