Xa temos visto a todo tipo de personaxes caracterizados coma hipsters: desde estatuas clásicas ata personaxes de Disney. A ilustradora americana Elizabeth Beals súmase a esta tendencia e transforma ás principais superheroínas de DC cómics en raparigas modernas e moi cool.
Así, Batgirl, Harley Quinn ou Hedra Velenosa cambian de vestiario e estilo e proban con flocos de pelo, lentes de pasta, bailarinas e xerseis oversize. Aínda que algunha da serie me descoloca, porque Hedra velenosa máis que unha hipster parece unha hortera de toda a vida. Supoño que ata os hipsters poden trabucarse con isto das modas.
Vía | Laughing Squid