Videos para a fin de semana: anuncios protagonizados por nenos

Despois dos gatos, os nenos son probablemente o ente que máis tenrura esperta nos mundos de internet. A súa inxenuidade provoca divertidas situacións e por iso algúns pais adícanse a gravar aos seus fillos ata que fan algo digno de subirse a youtube. Quen non viu ao neno aloulado pola anestesia do dentista? E ao bebe que probou por primeira vez o limón?

Os publicistas tamén coñecen o poder evocador e/ou simpático do futuro da humanidade e sácanlle partido en numerosos anuncios, de feito, nun de cada tres anuncios aparece algún neno. Repasamos algúns dos mellores anuncios protagonizados polos pequenos.

1. Volkswagen
Míticos onde os haxa, a combinación nenos e Star wars non pode fallar.

2.  IKEA
Ou do que pode ocorrer cando un neno quere ser bo. Nos anuncios censurados de IKEA xa viramos algún outro con nenos que tamén pagaba a pena.

3. Mercedes Clase C
Das vantaxes de ser adulto.

4. Coca-cola
Inspiracional no estilo Coca-cola.

5. Lexmark
Moi doutra época, só por iso fai gracia.

6. Miele
O de lavar pratos pode dar moito xogo cos nenos, como xa vimos no segundo anuncio.

7. Pepsi Next
É duro competir pola atención paterna.

8. Stratos

Gustan os nenos con obxectivos claros.

9. Zazoo Condoms
Aquí o neno non está para inspirar tenrura (e por iso o anuncio foi bastante polémico no seu momento), pero o certo é que está moi ben traído.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *