Volvemos a propor unha chea de bos anuncios para pasar a tarde da (para moitos) ponte do primeiro de novembro. E onde imos atopalos máis facilmente que no Festival Internacional de Creatividade Cannes Lions?
Cannes Lions leva xa 59 anos celebrándose, e se na primeira edición foron 187 as pezas presentadas, este ano chegaron a máis de 28000. Pero ademais de magnitude, o de Cannes Lions é un festival de prestixio onde un pode atopar a crème de la crème do mundo da comunicación publicitaria.
Hai moitos premios e moitas categorías, pero hoxe repasaremos os últimos 10 gañadores do Grand Prix. Algúns anuncios resultan fantásticos á primeira vista, aínda que outros (para os simples afeccionados coma eu) non parecen ter tanta ensulla. En todo caso, sempre gusta admirar ese produtos breves, enxeñosos e case artísticos (e ao mesmo tempo tan mundanos) que son os anuncios.
Vaiamos cos gañadores do Gran Prix do Cannes Lions!
2012. Back to the Start – Chiplote
2011. Write the future – Nike
2010. The man your man could smell like – Old Spice
2009. Carrusel – Philips
2008. Gorilla – Cadbury
2007 . Evolution – Unilever
2006. NoitulovE – Guiness
2005. Grrr – Honda
2004. Mountain – Sony
2003. Lamp – Ikea
Bonus track. E aquí deixóvos ao gañador da primeira edición so Cannes Lions.